As Concellarías de Desenvolvemento Local e Mocidade poñen en marcha o programa Ribadeo Emprende co obxectivo “de propociar a cultura emprendedora na mocidade”. A primeira actividade ten lugar este venres ás oito da tarde na Casa da Xuventude. Trátase do Pecha Kucha que é un formato de presentación rápida. No acto presentaranse iniciativas emprendedoras que unen creatividade e desenvolvemento do territorio. Van participar experiencias empresariais, a meirande parte de Ribadeo, coma: Tenda – Bar A Modiño, El Farero Audiovisual, Pizzería-Raxería Pizzbur, Hola Ola, Chocolates Moreno e Forestales Monra.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



