Lugo, 21 de febreiro de 2013. O Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Deputación, defenderá, no pleno do vindeiro martes, unha moción na que insta á Xunta de Galicia a manter as áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade e a frear a perda de calidade asistencial que suporá a xestión integrada.
O deputado provincial Antonio Veiga alerta das consecuencias que terá esta medida que defende a consellería de Sanidade e que eliminará a área norte de saúde, que abarca a comarca da Mariña con máis de 72.000 persoas asignadas distribuídas en 14 concellos, e a área sanitaria do sur, á que corresponde o hospital de Monforte que atende ao redor de 49.000 usuarios e usuarias de 11 concellos. “Os plans do Goberno galego afectan a máis de 120.000 persoas que pasarían a ter como centro hospitalario de referencia o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), sito a máis de 90 quilómetros de distancia no caso de Burela e a pouco menos no caso de Monforte, o que atinxirá aos usuarios e usuarias que recibirán unha atención máis tardía, pero tamén aos profesionais.”
“A xerencia sanitaria integrada –insiste Antonio Veiga- é un paso máis cara o desmantelamento do sistema sanitario e cara a súa privatización. Lonxe de mellorar a atención aos pacientes, como anunciou a conselleira Rocío Mosquera, suporá unha limitación de dereitos sanitarios e reducirá a seguridade dos veciños e veciñas das comarcas da Mariña e Monforte. A atención sanitaria na provincia de Lugo retrotraerase 25 anos e os hospitais comarcais converteranse en sucursais do HULA, xa sobrecargado, e no que, con seguridade, aumentarán as listas de espera.”
Os nacionalistas advirten, tamén, de que esta fórmula dificultará a xestión en canto será necesario compartir recursos e o persoal sanitario sufrirá traslados forzosos. “A xerencia ubicada en Lugo eliminará os investimentos nos centros de saúde e nos hospitais comarcais e impedirá a implantación de novos servizos e especialidades. Dada a escaseza de profesionais dalgunhas especialidades obrigará aos pacientes a desprazamentos constates, perdendo calidade de vida e supoñendo un maior costo ao ter que asumir os gastos de desprazamento” – sentencia o deputado provincial.
Por todos estes motivos, o Grupo Provincial do BNG espera que o PP apoie esta moción co obxectivo de evitar o deterioro da calidade asistencial da poboación das comarcas lucenses e frear o avance cara o camiño do desmantelamento da sanidade pública.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



