A Xunta de Goberno lémbralle á Deputación que lle debe ao Concello máis de 7.000 euros pola súa mala xestión da contratación eléctrica.
Cervo, 21 de febreiro de 2012-A Xunta de Goberno Local de Cervo acordará mañá enviar un escrito á Deputación de Lugo no que lle lembra que ten pendente unha compensación económica de máis de 7.000 euros ao Concello “pola súa mala xestión da contratación eléctrica”. O executivo explica que en novembro de 2009 o Concello delegou na Deputación a contratación da subministración eléctrica nos edificios municipais, atendendo ao ofrecemento da mesma Deputación para realizar unha contratación conxunta con outros municipios da provincia. “Vendéronnos un proxecto moi bonito, no que coa súa axuda iamos aforrar moitos cartos e nós, buscando a eficiencia enerxética, aceptamos e delegamos neles, tal e como nos pedían”.
Case un ano despois desa delegación, en outubro de 2010, a Deputación informou ao Concello que non se ía ocupar da contratación. “Eles comprometéranse a ofrecernos melloras, fixérannos delegar neles, mover documentos, expedientes, para ao final, nada de nada”. Pero para o goberno local o peor é que “esa delegación tivo consecuencias nefastas para o Concello”, xa que “ao ter delegadas as competencias na Deputación, non puidemos acollernos ao mercado libre naqueles servizos nos que era necesario, o que nos produciu un dano económico de máis de 7.000 euros”.
Un importe que as empresas subministradoras lle cobraron ao Concello en concepto de recargo e que a administración local tivo que abonar das arcas públicas “pola ineficacia da Deputación, que non puido levar a cabo unha acción coa que se comprometera”. “Non só non aforramos, senón que tivemos que pagar máis” engade o grupo de goberno.
A administración cervense xa lle reclamara estes cartos á Deputación no ano 2010, sen obter resposta. Unha compensación “á que temos dereito xa que o Concello non tivo ningunha responsabilidade neses recargos por ter delegadas as súas competencias nunha Deputación que non cumpriu as súas promesas”.
O grupo de goberno considera que esta é “unha mostra máis da estratexia de propaganda enganosa da Deputación, unha administración que é especialista en vender fume”. Neste caso “vendéronnos un aforro que acabou en máis gasto”.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



