Candia: “A decisión de varios participantes nas probas de selección do Plan Emprega de levar á Deputación de Lugo ao contencioso confirman as críticas feitas no seu día polos populares ”.
Lugo, 23-02-2013 – Logo de saber que varios participantes nas probas de selección do Plan Lugo Emprega levan a Deputación de Lugo ao Xulgado do Contencioso, a voceira do Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación Provincial de Lugo manifestou que “a decisión destes integrantes dan a razón as declaracións feitas polo PP no seu momento.
Afirma Elena Candia que dende o inicio, os populares percibiron neste Plan, un programa totalmente inmoral, electoralista e que xogaba coa necesidade da xente, posto que “non tiña sentido algún que o Señor Besteiro ofrecese, pouco antes das eleccións municipais, cando puido facelo dende o comezo da lexislatura, traballo por seis meses a persoas en situación de desemprego”.
Lembra a popular que no Lugo Emprega o Bipartito non respectou a autonomía municipal xa que aos concellos de menos de 5.000 habitantes, na súa maioría gobernados polo PP, non puideron encargarse do proceso de selección de traballadores, tarefa da que se encargou a Deputación, o que demostrou o “sectarismo do Señor Besteiro, do seu afán de colocar a dedo”- manifesta Candia que engade que “de aí que algún Concello fixese no seu día, e agora, reclamacións polas irregularidades detectadas neste Programa”, confirmando tamén as críticas feitas polo PP no seu día.
Engade a popular que “cando se recorre ao Contencioso é porque hai indignación” e afirma que con esta actitude, totalmente electoralista e de manipulación, “ o Señor Besteiro estaba pisando os dereitos dos cidadáns”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



