O Concello de Cervo convoca para o día 28 de febreiro, ás 8:00 horas, un sorteo para asignar os postos do mercado semanal que se desenvolve todos os xoves na praza dos Campos de San Cibrao. Este sorteo, que será “público, transparente e sinxelo” segundo o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, ten o obxectivo de que cada vendedor teña asignada de forma oficial a súa parcela. O Concello xa convocou a todos os implicados informándolles do día, a hora, o lugar e o obxectivo do sorteo para garantir a máxima participación.
O Concello procurou que o sorteo coincidise un xoves e un tempo antes do comezo do mercado para facilitar aos vendedores o seu traballo e non entorpecer a súa actividade. O edil manifesta o seu desexo de que “todos os vendedores queden satisfeitos despois do sorteo”. Soto asegura que este proceso será moi sinxelo e cada vendedor, segundo a orde que vaia marcando o sorteo, poderá elixir o posto no que desexa situarse.
Cabe destacar que con este sorteo poderase facer oficial o emprazamento de cada posto, de forma que exista un documento que demostre a distribución de cada un dos postos, “o que garante o bo funcionamento do mercado semanal” engade o edil.
Esta medida é un paso máis na mellora e regularización do mercado de San Cibrao. Hai unhas semanas o pleno da corporación aprobara tamén unha modificación da ordenanza reguladora que incluía a rebaixa na taxa que deben pagar os vendedores ambulantes, tanto os suxeitos a licenza municipal como os que acoden de forma puntual.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



