UNIFOZ, pídelle ao Alcalde convoque con carácter de urxencia unha Xunta de Portavoces cos técnicos municipais e posteriormente un pleno extraordinario si fora o caso.
Vista a publicación no BOE do 23 de febreiro do anuncio da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia sobre a Resolución da Secretaría do Estado de I. e Transportes ,pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o Estudo Informativo de clave El-1-LU07, “ AUTOVÍA DE CONEXIÓN ENTRE SAN CIBRAO E BARREIROS”.
Tendo en conta as reclamacións presentadas pola Corporación, así como por algúns colectivos, de forma especial na Parroquia de San Martiño, queremos se estude si foron atendidas as reclamacións presentadas no seu día, e en caso contrario, convocar un pleno Extraordinario para presentar recurso potestativo si fora o caso.
Ao mesmo tempo, temos que recordarlle ao Sr Castiñeira que cando se dirixa aos grupos da oposición chamándolles irresponsables será mellor mire para o seu “embigo” , pois irresponsable é:
-Irresponsable é ter en situación precaria o servizo de Axuda no fogar e reducido a mínima expresión , o único Concello da Mariña con solo dúas persoas contratadas.
-Irresponsable é contratar un programa de xestión, gastado case 30.000 €, e o resto dos Concellos acóllense a un gratuíto ofrecido pola deputación.
-Irresponsable é gastar 9.000 €, nunha auditoría enerxética, mentres o resto dos concellos se acollen ao plan da Deputación a custos gratis.
-Irresponsable é gastar 129.000 € en festas no ano 2012, e tendo na partida 60.000 €.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



