Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013.- A Mesa pola Normalización lingüística vén de facer público un novo caso de discriminación lingüística no SERGAS, no que un paciente foi obrigado a atrasar a súa operación por escoller utilizar o galego.
O paciente foi derivado desde o SERGAS ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, onde tiña que facer unha probas médicas para un preoperatorio o día 5 de febreiro de 2013. No hospital solicitáronlle que asinase unha serie de documentos, mais cando o paciente os pediu en galego, dereito que lle recoñece a lexislación vixente, desde o hospital dixéronlle que non tiñan documentación en galego. Nese momento o propio paciente informounos de que a SXPL tiña un servizo de asesoramento lingüístico e un acordo co SERGAS polo que se comprometía a traducir este tipo de documentación nun máximo de 30 minutos. Porén, tras realizar unhas consultas, a empregada do Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra indicoulle que se non asinaba os documentos en español tería que marchar e agardar na súa casa a que enviasen a documentación á administración da Xunta e esta lla devolvese traducida, co conseguinte atraso nas súas probas e operacións. O paciente non aceptou renunciar aos seus dereitos lingüísticos e finalmente foi iso o que aconteceu, tras cubrir a pertinente folla de reclamacións.
Tras presentar unha outra reclamación ante o SERGAS, da que a día de hoxe tampouco obtivo resposta, contactou coa Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüística para denunciar este grave caso de discriminación por razón de lingua.
Cómpre lembrar que foi a raíz dun caso anterior no Hospital Nuestra Señora de Fátima, en Vigo, cando desde a Xerencia do SERGAS se emitiu unha nota informativa a todo o persoal onde se puña a disposición de quen o precisase o servizo de tradución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e se indicaba que esta emitiría a tradución do documento que fose en non máis de media hora. Porén este novo caso deixa en evidencia a pouca efectividade da medida, e que das declaracións de boas intencións á concreción na realidade dos feitos hai un trecho ben grande que a Xunta que preside Núñez Feijóo nunca está disposta a percorrer.
Desde A Mesa denuncian estes feitos como un inadmisíbel intento de coaccionar os cidadáns para que non poidan exercer os seus dereitos lingüísticos legalmente recoñecidos, xogando cun tema tan sensíbel e fundamental como a saúde das persoas. “Se non saen máis casos á luz non é porque na maioría dos hospitais se respecten os dereitos lingüísticos dos pacientes -sinalan desde a maior asociación cultural de Galiza- senón porque esta é unha chantaxe terribelmente efectiva”.
Que 30 anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística un paciente vexa atrasada unha operación por pretender exercer os dereitos que legalmente ten recoñecidos é un grave caso de discriminación por razón de lingua ante o que a Xunta de Galiza non pode ficar impasíbel, xa que o artigo 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística, estipula que “os poderes públicos de Galiza adoptarán medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razóns de lingua”.
Por esta razón A Mesa pola Normalización Lingüística puxo o caso en coñecemento da Conselleira de Sanidade e mais da Secretaría Xeral de Política Lingüística, sen obter polo momento resposta ningunha, e tamén o trasladou aos diferentes grupos parlamentarios da oposición con representación no Hórreo. Neste sentido, o grupo parlamentario do BNG respondeu comprometéndose a presentar diversas iniciativas para que se dean as oportunas explicacións no Parlamento.
Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, salientou que “as discriminacións lingüísticas son frecuentes nos hospitais galegos, e desde A Mesa hai anos que as vimos denunciando. Casos semellantes como os do Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo ou do Complexo Hospitalario das Illas Cíes foron tamén obxecto de debate parlamentario na pasada lexislatura, polo que estas discriminacións non son novas nin descoñecidas para o SERGAS nin para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e se continúan a se producir é porque desde a Xunta non se fai nada por solucionalo. Haberá que lembrarlle, unha vez máis, á Consellaría de Sanidade que ten que garantir que o persoal teña coñecementos suficientes de galego e que toda a documentación debe estar, cando menos, nesa lingua? Parece que si, que temos que lembralo unha e outra vez. Este non é o primeiro caso, pero queremos que sexa o último; xa está ben de discriminacións lingüísticas no SERGAS”.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



