
O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, participou esta tarde na presentación do festival Aversion Fest de Burela, xunto cos seus organizadores, Lorenzo García Rivera e Ismael Iglesias Da Silva. Este evento, que se celebrará os vindeiros 29 e 30 de marzo no pavillón dos institutos de Burela, conta co apoio económico da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Antonio Veiga afirmou que “desde a Deputación apoiamos o desenvolvemento de moitas actividades culturais, pero facemos especial fincapé naquelas que fomentan a creatividade entre a mocidade, como este festival no que a maioría dos grupos son de xente nova con pouca experiencia pero moita enerxía. Compartimos a filosofía e os principios deste festival: autoorganización e promoción de novas bandas amateurs lucenses e galegas, xunto a outras que proveñen doutros países como Cataluña, Portugal ou Francia.
Antonio Veiga tamén falou de que “o rock sempre tivo unha actitude reivindicativa, algo que de novo volve a espertar na mocidade que se está a rebelar contra a peor situación que viviu nunca, con políticos empeñados en salvar bancos con cartos públicos mentres os nosos mozos e mozas teñen que marchar do país polas cifras históricas de desemprego xuvenil”.
Os grupos son os seguintes:
Portugal: FOR THE GLORY, BORDERLANDS,
Francia: EARLY SEASONS
Madrid: THIRTEEN BLED PROMISES, AGAINST THE WAVES
Catalunya: OBLIVION
Asturias: MERCYLESS, LEGACY OF BRUTALITY, INFECCIÓN, ZOMBIE DOLLS
Cantabria: A.R.D.E.N.
Provincia Ourense: ABOVE THE SEAS
Provincia A Coruña: ANIMA, MORGEN, LA DESIDIA
Provincia Pontevedra: THE CHAOS IS COMING, CVLT
Provincia Lugo: MALDIA, BYTHEFACE, THE BROKEN REVENGE, THE BROSAS, ESTRUGA, ABSTRAKT























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



