O deputado nacional do PP Jaime de Olano anuncia que, tras superar a laboriosa tramitación administrativa que conlevan estes proxectos, no día de hoxe o Ministerio de Industria autorizou a construción do gasoducto A Mariña. Así o sinala un comunicado remitido polo Partido Popular de Viveiro.
Esta importante estrutura permitirá garantir que a multinacional Alcoa disporá dunha fonte de enerxía máis barata que actualmente, así como tamén resultarán beneficiados todas as empresas e veciños da costa lucense, que poderán desfrutar desta enerxía nos seus negocios e vivendas.
O deputado do PP congratúlase de que o Goberno da nación, neste caso na persoa do ministro Soria, volva cumprir o prometido coa Mariña lucense. Se no seu día se logrou unha tarifa eléctrica competitiva para a multinacional radicada na comarca, o anuncio de hoxe suporá un “espaldarazo” definitivo para o mantemento dos aproximadamente 2.000 postos de traballo que xera esta potente industria, xa que, en palabras da propia emrpesa, isto suporá un abaratamento dos curtes de produción en torno ó 25 por cento, así como o beneficio que aportará á calidade de vida dos mariñáns a utilización dunha fonte de enerxía máis respectuosa co medio ambiente.
Ademais, Olano destacou o gran apoio e impulso na consecución desta infraestrutura levada a cabo desde a Xunta de Galicia, tanto na persoa do seu presidente, Alberto Núñen Feijóo, como por parte dos distintos responsables da Consellería de Industria.
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



