Entre os anos 1906 a 1908 en que foi trasladado a Carril, na ría de Arousa, residiu en Foz, no cargo de Administrador de Aduanas Camilo Cela, escritor e xornalista, pai do Nóbel de Literatura Camilo José. A estadía daquel na vila focega coincidiu coa de outros dous intelectuais: o mindoniense Antón Noriega Varela, eximio poeta, mestre na Escola de Fondós e o viveirés Antón Vilar Ponte, boticario, escritor e xornalista; político cuxos anceios nacionalistas agromaran en Foz, según propia confesión, e que anos mais tarde, co seu irmán Ramón, foron os principais impulsores das históricas Irmandades da Fala. Da convivencia entre os tres homes de letras xurdeu a publicación do que foi o primeiro xornal editado en Foz: “¡Guau,,Guau!” polo que Camilo José Cela, o fillo, interesouse alá polos anos sesenta e do que, que saibamos, só existía unha colección, incompleta. O autor de “La familia de Pascual Duarte”, “La Colmena”, “Mazurca para dos muertos”, “Del Miño al Bidasoa” e outras famosas novelas, dirixiuse ó propietario da mesma ofrecéndolle por ela as súas obras completas, adicadas. Non houbo acordo e o trato non se consumou. Tempo mais tarde e dende a Peña O Lar, remesouse ó escritor de Iria Flavia, entón residente en Palma de Mallorca, fotocopiada, a colección completa do”¡Guau, Guau!”.O literato acusou recibo da mesma cunhas verbas autógrafas de agradecemento.Hai uns anos a Asociación Cultural A Pomba do Arco tivo a feliz iniciativa de editar o facsimel do xornal, que a poboación apenas coñecía, facilitando o acceso ó mesmo e hoxe figura nos fogares focegos co aprecio do que o seu valor histórico e cultural, e mesmo sentimental, é merecente.
Daniel Hortas, xornalista e escritor, inesquecible amigo, no seu libro “Y luego Lugo…¿qué?” relata que nunha xuntanza de galegos en Madrid á que él asistía,o Premio Nobel contou que o único recordo material que conservaba do seu pai, era unha caracola mariña engarzada nun aro de ouro, a través da cal podía escoitarse o bruar do mar de Foz…
Suso Fernández



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



