Ribadeo (Lugo), 17 de marzo 2013.- A Xunta de Galicia mantén baixo control o vertido que tivo orixe esta madrugada na gasolineira de A Devesa en Ribadeo procedente das cisternas de 4 dos 10 camións que estaban alí aparcados. O 112 recibiu aviso da Garda Civil para desprazar ata a zona aos bombeiros tras comprobar que os 10 vehículos amosaban as rodas picadas e 4 deles as cisternas rotas.
O combustible das cisternas, entre 3.000 e 4.000 litros, foi parar en parte a un regueiro que alcanzou as praias do Castro e As Catedrais polo que inmediatamente se activou en fase de alerta o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Plan CAMGAL) poñendo en marcha inmediatamente o dispositivo de actuación nestes casos. Así deu conta a propia conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen se achegou ata a zona esta mesma mañá e quen se puxo en contacto coa patroa maior da confraría de Ribadeo para informala directamente.
O grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, persoal de Gardacostas e técnicos de Calidade e Avaliación Ambiental están a traballar na zona na eliminación de restos do vertido. En coordinación, técnicos de Augas de Galicia e do Intecmar recollerán mostras entre hoxe e mañá para avaliar a súa posible incidencia na calidade das augas e nos recursos, principalmente percebe e ourizo. Por outra banda, levarase a cabo tamén un estudo de solos contaminados.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



