Ribadeo, 19 de marzo de 2013. Os vindeiros días 20 e 21 de marzo e 3 e 4 de abril , en horario de 17 a 20 horas, desenvolverase en Ribadeo o Curso de atención ao cliente, O camiño cara a excelencia, organizado pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo.
A edil Ana Martínez explica que “este curso enmárcase dentro dun programa de formación dirixido ao sector turístico que ten como obxecto capacitar e incidir na mellora da competitividade deste sector e adecuarse ás novas necesidades da sociedade. Mediante este curso os asistentes poderán comprender e acometer unha atención ao cliente máis profesional e personalizada, na busca da súa satisfacción e na continúa procura da fidelización deste”.
A concelleira de Desenvolvemento Local engade que “comprender de forma máis eficaz as necesidades que o cliente ten, e cubrilas da mellor maneira posible cunha atención individualizada; coñecer as regras básicas do día a día, os novos canais de comunicación, o novo perfil de consumidor e as súas demandas… así como perseguir en todo momento unha máis profesional comunicación e relación cos clientes son as bases sobre as que se asenta este curso”.
O Curso de atención ao cliente, O camiño cara a excelencia está destinado ao sector turístico (hostalería, restauración, ocio e actividades complementarias). Os interesados en asistir poden obter máis información no seguinte número de teléfono 982 128 689.
A Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo organizou un programa de formación dirixido ao sector empresarial, que se desenvolverá ao longo deste 2013. O primeiro curso tivo lugar o pasado 4 de marzo e agora vaise impartir o segundo a partires de mañá, mércores. Será na Casa da Xuventude.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



