Este venres, 22 de Marzo de 2013, a Banda C.C.T.T. Santo Inocencio de Teixeira de Burela, pertencente á ACM Dambara de Burela, ofrecerá o seu tradicional concerto de Marchas Procesionais ás 20:30 horas na Igrexa Parroquial de Sta. María de Burela. A banda interpretará un repertorio renovado, e presentará un nutrido número de novos e novas integrantes, ao tempo que ao seu novo director, logo de deixar este posto o anterior director, Albano González Cancio, que pasa agora a ser un membro máis da agrupación. Ao remate do acto, a asociación invita a todos os asistentes ao acto, e a todos os veciños e veciñas de Burela que así o desexaren, á bendición e inauguración do novo local sito na antiga praza de abastos de Burela (Centro de Asociacións), que lle foi cedido polo concello de Burela para a ampliación da súa oferta musical arredor das 21.30 horas. A Asociación Cultural Musical DAMBARA de Burela quere agradecer públicamente a importante contribución feita polo Concello de Burela coa cesión dun novo local máis amplo e mellor acondicionado para continuar coa nosa labor en prol da música en xeral, e da música tradicional galega en particular.



















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



