Ribadeo, 20 de marzo de 2013. Os argumentos da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, non convenceron ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, que teme que o Hospital da Costa se converta nun ambulatorio para toda A Mariña. Suárez Barcia viaxou esta mañá a Compostela para asistir ao encontro convocado pola titular de Sanidade e no que tamén participaron outros alcaldes da comarca.
O rexedor dixo que “despois de manter esta xuntanza coa conselleira de Sanidade acerca de toda esta situación creada no Hospital da Costa coa súa xestión integrada por decreto no de Lugo, despois de que durante meses e anos todo o corpus político do PP e da Xunta negara e renegara de facer o que acabaron de facer por decreto viñemos a escoitar as explicacións de por que este xiro copernicano ao que sempre viñan defendendo”.
Para Fernando Suárez “todas as argumentacións que deron, a maior parte delas eran un sementado de virtudes, das marabillas que agora vai supoñer para a sanidade pública da Mariña e para a mellora dos pacientes, cando realmente unha vez que escoitamos á conselleira e visto o que dixeron os médicos na reunión que tivemos o outro día con eles, que dicían absolutamente o contrario, visto que o xerente do Hospital da Costa hai poucos días puxo o seu cargo a disposición e dimitiu en coherencia co compromiso que el defendía da área sanitaria para Burela exclusivamente e despois de todas as afirmacións que levan dito no medios de comunicación deputados e concelleiros do PP, chama a atención que hoxe os argumentos que se puxeron encima da mesa son bastante frouxos”.
O alcalde indicou que “desde Ribadeo a Lugo hai unha hora e cuarto e desde calquera outra localidade da Mariña vai haber máis distancia a Lugo que a Burela e aínda que se sigan prestando servizos en Burela obxectivamente o que van acabar facendo é que en vez de un hospital importante, como o que era, vaia ser un gran ambulatorio de toda A Mariña”.
Fernando Suárez explicou que “a pregunta que para nada se contestou de maneira satisfactoria é por que cambiaron de opinión, por que fixeron ese cambio nun momento no que os representantes dos veciños non temos unha moi boa opinión pública, da igual o partido que sexa, sobre todo cando se di unha cousa e despois se fai a contraria. Os veciños de calquera concello é o que deploran do comportamento dos políticos e polo tanto eu quero, como cidadán máis aló que como alcalde e como correspondente dunha formación política, que a miña comarca teña os mellores servizos posibles”. E engadiu: “e cando vexo a postura da comunidade médica maioritaria e que o xerente anterior, que por certo era da mesma ideoloxía política que os que gobernan na Xunta, dimite en desacordo cun criterio que durante anos o PP estivo manifestando e que hai 15 días acaba de volatilizar”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



