Esta fin de semana a base do CD Foz conseguiu unha vitoria e dúas derrotas
Os infantís, caeron derrotados ante o Victoria coruñés líder do grupo por un rotundo 4-1. Os de Burunda non acaban de arrancar nesta segunda fase, e teñen que empezar a colleitar vitorias, porque senón poden caer nunha espiral de resultados negativos que poden votar pola borda todo o bo traballo feito ata agora, e así manter a categoría que tanto costou acadar a tempada pasada. Iñaki foi o autor do único gol focego.
Pola súa parte, os xuvenís que dirixe Amarelo tamén caeron derrotados esta xornada en Cospeito por 2-0. Aínda que os chairegos non foron superiores no manexo do balón si o foron cara ao gol. Esperemos que a dosificación dos cadetes que xogan no equipo xuvenil, sexa acertada, xa que os xuvenís, xa non se xogan nada e encambio os cadetes teñen no horizonte o titulo e a fase de ascenso a galega.
E falando dos cadetes, dicir, que foron os únicos que sacaron adiante o seu partido ante o Viveiro C.F., que ata esta xornada era o segundo clasificado. Partido, xogado de poder a poder, ante quizás as mllores eescadras da categoría, e que deparon un bo e emocionante encontro, no Municipal de Malates. O resultado foi de 3-2, sendo os goleadores focegos Gonzalo, Dani e o infantil Brais que anotou nos últimos intres o gol da victoria. Con este resultado os de Oke, teñen á man a fase de ascenso e o título de liga.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
