Éxito da multifunción que tivo lugar onte en Barreiros, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, para celebrar o Día Mundial do Teatro. A Adala representou a obra “Apertas de Airio” e tamén houbo maxia e un monólogo. A Delegación de Cultura do Concello de Barreiros agradece a grande afluencia de público a este evento.
