O pasado sábado comezaron na basílica de San Martiño os actos que a entusiasta Confraría do Desencravo programa para a Semana Santa, co pregón a cargo de César Andrade, fillo do lugar, popular e querido, a quen todos chamamos Saros. Acaban de cumplirse 50 anos que o lugareño deixou o recuncho natal para abrirse paso na vida, que pasou por unha etapa de destacado fútbolista, alineando no C.D. Foz, en 3ª División, a media Saros-Leitón, seu grande amigo. Foi a morte deste, o sentimento que fixo agromar a súa vea poética, dedicándolle un doorido poema, que remata así: “…e foi tan grande a pena miña/ que a naide o pésame lle din/ pois pensei, cheo de morriña/ ¿quén me da o pésame a min?”, co que inicia o libro “Un garabelo de contos”, publicado en 1987. A pesar da longa ausencia nunca esqueceo o berce, os lugares, as súas xentes, nen os latexos vitais que encheron de contido os seus primeiros vintecinco anos; e o sábado pasado, pregoeiro, tivo a oportunidade de revivir os tempos da nenez que en boa medida marcan a vida das persoas e quedan gravados con trazos indelebles no mais fondo do ser; feito universal que fixo decir ó poeta Rainer M. Rilke: “ a nenez é a verdadeira e única patria do home”. Dende o altar maior da igrexa, mais que milenaria, da que é entusiasta e fiel admirador, vivíu a emocionada xornada no entorno do que para nós é a quintaesencia dunha Pascua que, allea a boatos e multitudes, encerra os mais outos valores intrínsicos da sua significación: o auténtico, a xenerosidade, a solidaridade, a convivencia…; virtudes que reflicte a Semana Santa de San Martiño co modélico proceder da pequena comunidade que aúna vontades e esforzos que permiten acadar os fins comúns; todo un exemplo. Tras o pregón, moi aplaudido, a esperada actuación da Coral de Foz que, unha vez mais. inundou o espacio coas súas magníficas voces, hábilmente adestradas pola directora Carmen Alonso, nesta ocasión sublimadas polo armonio da xove María Galdón, tamén filla do lugar, e rematou coa clásica galega, tan propia para o momento, “Negra Sombra”. Os nosos parabéns.
Suso Fernández
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



