A partir das doce e media do mércores 27 de marzo haberá unha charla coloquio e unha sesión de cociña en directo.
Ribadeo, 26 de marzo de 2013. Ribadeo acollerá mañá, mércores, unha xornada de pesca sostible, dentro da campaña de dinamización da praza de abastos que se presentaba hai uns días.
Ás 12:30 horas haberá unha charla coloquio titulada O noso peixe, temos que defender o noso, na que participarán Celia Pacio, patroa maior da confraría de pescadores de Ribadeo e Basilio Otero, patrón maior da confraría de Burela. E a continuación terá lugar unha Fish Jam Session, cociña en directo a cargo do restaurante Casa Pepe de Ribadeo na que intervirán os cociñeiros Felipe Barcia e Rafael Jiménez. Ao remate desta sesión haberá unha degustación dos produtos que alí se cociñen.
Esta xornada de pesca sostible está organizada pola Asociación de Profesionais e Vendedores da praza de abastos e pola Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo e conta coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



