O Concello de Lourenzá, por medio da alcaldesa, Emma Álvarez Chao, asinou un convenio coa parroquia de Santa María de Valdeflores, a través do seu párroco, don Xosé Antonio Miguélez, “para permitir unhas visitas guiadas a todas aquelas persoas que queiran coñecer tanto a igrexa de Santa María, de Vilanova de Lourenzá, como o conxunto histórico do mosteiro de San Salvador, que está situado na mesma parroquia e que cumpre as funcións de templo parroquial. Ademais nas propias dependencias da igrexa e outras de titularidade eclesiástica está o museo de arte sacra de Vilanova de Lourenzá, que conta cunha importante colección incluíndo ourivarías, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria”, explicou a rexedora municipal.
Emma Álvarez engadiu que “as persoas que se acheguen para facer estas visitas guiadas tamén poderán ver o retablo e relicario do século XVII que está na capela da Valdeflores e que foi realizado en madeira policromada por Francisco Andrade. Tamén poderán visitar o sarcófago do Conde Santo”.
Estas visitas vanse desenvolver de luns a venres ás 12, ás 16 e ás 18 horas e os sábados unicamente en horario de mañá. Os prezos para a xente que queiran ver a igrexa, a sancristía e o sarcófago será de 2 euros e se ademais queren visitar o museo de arte sacra terán que pagar 3 euros pola entrada. Os grupos formados por máis de 15 persoas terán un desconto dun euro por membro.
A alcaldesa explicou tamén que “a maiores destas xoias que temos no concello hai unha importante e antiga biblioteca monacal que conserva máis de 4.000 libros entre os que se poden atopar edicións do século XVI. Pero é unha biblioteca que ata o de agora está sen catalogar e supoño que en vindeiros anos son deberes que tocará facer por parte do clero coa axuda do Concello para que se poida mostrar outra xoia máis do noso patrimonio”.
Este convenio empezará a aplicarse o vindeiro luns, día 1 de abril, polo que durante esta semana seguirase co sistema de visitas que había ata o de agora.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



