Santiago, 27 de marzo de 2013.- O Grupo Parlamentario Popular defende que a Xunta de Galicia ten que aproveitar todos os recursos dispoñibles “sen excepción” na loita contra os incendios forestais e, en consecuencia, rexeitou a proposta de AGE pola que reclamaba no Pleno do Parlamento de Galicia que só se empreguen medios de titularidade pública.
O deputado José Manuel Balseiro, encargado de posicionar o Grupo Popular, cualificou como “indispensable” e “irrenunciable” a colaboración público-privada na loita contra o lume que permite a Xunta, por exemplo, dispoñer de medios complementarios de gran especialización tecnolóxica como son os helicópteros contra incendios ou os avións de carga en terra.
Os populares consideran que as teses defendidas por AGE son “temerarias” porque suporía renunciar a recursos e a uns medios que polo seu gran custe e elevado gasto de mantemento e, polo seu uso nun período moi limitado, non están ao alcance da iniciativa pública.
SERVIZO PÚBLICO, FINANCIADO CON RECURSOS PÚBLICOS
Balseiro en todo caso quixo deixar claro que os operativos de prevención e extinción de incendios forestais prestan un servizo público, están financiados con recursos públicos –procedentes dos impostos de todos os galegos- e coordinados e dirixidos por persoal da administración pública.
No ámbito da xestión de persoal, José Manuel Balseiro explicou que o operativo contra incendios está integrado basicamente por traballadores públicos: funcionario, laboral, fixo e fixo descontinuo –de feito co PP no goberno aumentaron en máis de 900 prazas-, e complétase con outros medios nas épocas de maior risco. En todo caso, son postos de traballo financiados con recursos públicos e dirixidos por persoal da administración pública.
De feito o Grupo Popular lembrou que a modificación normativa da Lei autonómica de incendios operada trala aprobación da Lei de Montes, na pasada lexislatura, tivo por obxecto reforzar a figura do director técnico de extinción, ao convertelo no responsable máximo e mando único operativo durante as tarefas de loita contra o lume, que ademais garante a coordinación de todos os traballadores que participan na extinción.



















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



