Ademais do evidente deterioro paisaxístico, esta situación pode ser fonte de risco de accidentes, ser ocupadas por usos indebidos ou afectar á cohesión social do contorno.
Só na Mariña lucense calculan que existen varios miles de vivendas de urbanizacións aínda en construción.
Cómpre adoptar medidas de identificación e análise das causas polas que non se remataron as obras, avaliar as situacións xurídicas máis habituais e propoñer solucións para superar estas situacións.
Santiago, 01 de abril de 2013.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, deu conta hoxe da presentación dunha iniciativa (proposición non de lei) na Cámara lexislativa autonómica a través da que insta á Xunta de Galicia a elaborar un estudo para o diagnosticar e propoñer posibles medidas a adoptar en relación coas edificacións de vivendas sen rematar por mor da crise.
A iniciativa do Grupo Popular pon de manifesto que a crise económica derivada da burbulla inmobiliaria xerou, como unha das súas consecuencias máis directas, a proliferación de edificios de vivendas non rematados espallados polo conxunto do territorio. Segundo Balseiro “ademais do evidente deterioro paisaxístico, está situación pode ser fonte de accidentes, ser ocupadas por usos indebidos ou afectar á cohesión social do contorno no que se atopan as construcións
SITUACIÓN DA MARIÑA LUCENSE
Só nas comarcas da Mariña lucense calculan que existen varios miles de vivendas de urbanizacións aínda en construción, moitas das cales (entorno a setecentas) estiveron ou están á venda logo de ser transferidas ao coñecido como banco malo (Sarev), así como un número importante de edificios que, por mor da depresión do mercado inmobiliario, relentizaron a súa construción e están en estructura ou solar.
SITUACIÓNS DE INDEFENSIÓN
O parlamentario popular recoñece que as vivendas non rematadas poden presentar unha ampla casuística derivada de posibles procesos xudiciais, concursais e outras circunstancias. Así mesmo, en moitos casos numerosas familias e cidadáns teñen feito desembolsos en conceptos de adianto a conta que poden derivar en claras situacións de indefensión.
Para facerlle fronte a esta problemática, Balseiro explica que a iniciativa dos deputados populares plantea poñer en marcha medidas tendentes á identificación e análise da ampla casuística existente, avaliar se é o caso as situacións xurídicas máis habituais e propoñer solucións para superar estas situacións de xeito consensuado coas institucións, axentes e persoas afectadas.


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



