Artigo 1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza. Os poderes de todos os seus órganos emanan do pobo
Artigo 2. Todos os españois son iguais ante a lei
Artigo 6. España renuncia á guerra como instrumento de política nacional
Artigo 7. O Estado español acatará as normas universais do Dereito internacional, incorporándoas ao seu dereito positivo
Artigo 11. Se unha ou varias provincias limítrofes, con características históricas, culturais e económicas, comúns, acordasen organizarse en rexión autónoma para formar un núcleo político administrativo, dentro do Estado español, presentarán o seu Estatuto
Nese Estatuto poderán solicitar para si, na súa totalidade ou parcialmente, as atribucións que se determinan nos artigos 15, 16 e 18 desta Constitución, sen prexuízo, no segundo caso, de que poidan solicitar todas ou parte das restantes polo mesmo procedemento establecido neste Código fundamental
Unha vez aprobado o Estatuto, será a lei básica da organización político administrativa da rexión autónoma, e o Estado español recoñeceraa e amparase como parte integrante do seu ordenamento xurídico
Artigo 25. Non poderán ser fundamentos de privilexio xurídico: a natureza, a filiación, o sexo, a clase social, a riqueza, as ideas políticas nin as crenzas relixiosas. O Estado non recoñece distincións e títulos nobiliarios
Artigo 26. Todas as confesións relixiosas serán consideradas como Asociacións sometidas a unha lei especial
O Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente as Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas.
Quedan disoltas aquelas Ordenes relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia a autoridade distinta da lexítima do Estado. Os seus bens serán nacionalizados e afectados a fins benéficos e docentes
Artigo 43. O Estado prestase asistencia aos enfermos e anciáns, protección á maternidade e á infancia, facendo súa a “Declaración de Xenebra” ou táboa dos dereitos do neno.
Estivera vendo un reportaxe encol do 14 de Abril, data da constitución da segunda república da que este ano fixo 78 anos, e soñaba con a terceira, coa bandeira roxa amarela e morada, coa festa e con un pais ideal…e plaf caín da cama e despertei…estaba nunha monarquía, pero que carallo, berrei VIVA A REPÚBLICA CABRÓNS



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



