Esta mañá presentouse en rolda de prensa o partido do próximo venres entre o Santiago Futsal e ElPozo Murcia, que será solidario a favor da Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela). Nela estiveron presentes o presidente de Sarela, D. José Balboa, e o presidente do Santiago Futsal, D. Ramón García, acompañados polos xogadores do primeiro equipo David e David Pazos, que aproveitaron para visitar aos usuarios do centro e invitalos ao partido do venres a partir das 21h no Multiusos Fontes do Sar.
O presidente de Sarela, D. José Balboa, agradeceu que “coñecedores da situación actual do Santiago Futsal estamos moi agradecidos porque colaboren con Sarela deste xeito, ofrecéndonos o seu apoio e dando a oportunidade aos nosos usuarios de asistir ao seu partido”. Pola súa banda, D. Ramón García, presidente do Santiago Futsal, engadiu que “gustaríanos axudar con algo máis, pero a nosa situación non nos permite facelo, polo que para nós é un xeito de agradecer o gran labor social que fai esta asociación”.
O presidente do club explicou que 1 euro de cada entrada para o partido contra ElPozo Murcia irá destinado á Asociación, que terá situado no hall de entrada do Multiusos un stand informativo. Ademais, os xogadores do equipo sairán cunha pancarta da Asociación e un usuario do centro será o encargado de realizar o saque de honra en representación dos membros de Sarela.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
