O Burela FS Pescados Rubén despedirá os compromisos a domicilio da súa primeira tempada na máxima categoría nunha das canchas históricas. Desde a cuarta praza (50 puntos), o Caja Segovia recibirá ós laranxas mañá ás 18.30 horas, no Pedro Delgado, na penúltima xornada de Primeira División LNFS.
A escuadra de Juanlu chegará a Segovia coa resaca da celebración por alcanzar o obxectivo e poder soñar outro ano co espectáculo da elite. “A permanencia xa é realidade, pero iso non será escusa para a relaxación. Unha cancha tan bonita, unha grande histórica do fútbol sala, é motivación suficiente para que calquera xogador ofreza o mellor e máis no noso caso, que teremos o apoio da nosa afección a máis de 500 quilómetros da casa. Ese xesto obríganos a dalo todo” explicou o adestrador laranxa agradecendo o alento de máis de medio cento de afeccionados da peña A Pataca Naranxa que se desprazarán mañá a terras castelás.
A expedición mariñá partiu hoxe ás 14.30 horas con 11 integrantes, coas baixas de Nacho Pedraza, intervido o luns pasado do seu xeonllo esquerdo, e Iago Barro, que sufriu unha fractura nun dedo da man esquerda durante un adestramento esta semana. Entrou na convocatoria o meta burelés Brais, do equipo de Terceira División.
No vestiario local serán baixas Gonzalo, que continúa reforzando o xeonllo; Murga, recentemente operado de menisco; e Víctor, ao que están facendo probas para saber de onde lle vén a doenza estomacal. David Madrid contará cos xuvenís Jorge e Sergio.
O técnico cajista asegurou que será un partido moi complicado cun rival moi diferente ao da primeira volta: “É un conxunto moi avezado, que conseguiu o obxectivo marcado a principio de tempada; coa vitoria en Santiago fortaleceuse moito”. Os pupilos de Juanlu deberán medir as súas forzas a un rival que apostará por “manter a posesión do balón como a mellor defensa do conxunto segoviano”, segundo confesou o seu adestrador.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
