A Bombonera comeza a ruxir e invoca aos seus fieis guerreir@s para protexer ás cazadoras de soños que alimentan a súa ilusión e orgullo. Queda un obxectivo por conquistar, Roldán, para dirimir o duelo final nun feudo laranxa que anhela vitoria. Só pode quedar un. O clan burelés liquidou con determinación o seu enfrontamento ante o Cidade de Alcorcón (5-1) e o Atlético de Madrid tamén sumou tres puntos, tras impoñerse na complicada pista Gironella por 1-3.
O Burela Pescados Rubén confirmou o seu liderado na Primeira División realizando un partido sólido e de máxima intensidade. As madrileñas fieis ao seu estilo, guerreiras e coa escopeta cargada á contra, nunca baixaron os brazos e esixiron a un Burela que tardou en abrir o candado amarelo. Lidia conseguiu culminar unha contra, minuto 17, para rendibilizar o dominio laranxa durante un primeiro periodo emocionante.
Co 1-0 chegouse ao intermedio que deu paso a un despregue laranxa que desarbolou ao Alcorcón. Dany lanzou un dardo raso e envenenado ante o que Eva claudicou (2-0). O asedio local á portería amarela, derivou nun terceiro tanto logrado maxistralmente por Lidia Mesías cun mísil á escuadra visitante (3-0).
Tras uns instantes de tregua, o Alcorcón logrou manterse en pé ao conseguir reducir distancias por mediación de Sandra e intentou a remontada con xogo de cinco. Intento infrutuoso, xa que o Burela Pescados Rubén mantivo a serenidade e aproveitou, con ambos equipos co cupo de faltas cuberto, o factor do dobrepenalti para sentenciar o choque na recta final. Peque fixo o 4-1, aproveitando o rexeite de Eva a disparo de Haydée, e Lucía Nespereira pechou o marcador desde o dobrepenalti.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Lucía Nespereira, Haydée, Lidia Mesías, Peque –cinco inicial- Dany, Peque, Maite e Dolo.
Ciudad de Alcorcón: Eva, Leire, Desi, Lara, Natalia –cinco inicial- Ana, Lorena, Sandra e María.
Goles: 1-0, m.17, Lidia Mesías; 2-0, m.22, Dany; 3-0, m.27, Lidia Mesías; 3-1, m.31, Sandra; 4-1, m.38, Peque; 5-1, m.40, Lucía Nespereira.
Árbitros: Otero Calvo e Varela Señaris de Santiago de Compostela.
Incidencias: Pavillón Vista Alegre de Burela. 800 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Benita Campayo Vázquez, avoa da xogadora laranxa Peque.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
