O pasado sábado, representantes do BNG anunciaban que solicitarán ó Ministerio de Fomento a finalización dos tramos da A-8 ó seu paso pola Mariña de maneira urxente.
Desde o Partido Popular alegrámonos da preocupación do BNG pola que sen dúbida é a infraestructura máis importante para a nosa comarca, pero lamentamos que non se preocuparan tanto durante os máis de sete anos de goberno do PSOE, cando o BNG aprobaba cos seus votos os presupuestos dos Srs. Zapatero, Rubalcaba e Blanco e a A-8 acumulaba retraso tras retraso coa complicidade dos nacionalistas, ou cando o BNG daba o seu apoio a Dª. Magdalena Álvarez, ministra socialista de fomento que se referiu ó máis ambicioso proxecto de infraestructuras da historia de Galicia como “Plan Galicia de mierda”, e a Autovía do Cantábrico estaba incluída no Plan Galicia.
Os populares queremos poñer de manifiesto que actualmente, trala apertura ó tráfico o pasado ano do tramo Lourenzá-Mondoñedo e dous máis en Asturias, a obra ten pendente de finalización dous tramos ó seu paso pola nosa provincia: Mondoñedo-Lindín e Lindín-Carreira que están executados nun 80%, restando polo tanto únicamente un 20% para a súa finalización, que está prevista para finais deste ano 2013. Este é o compromiso da Sra. Ministra de Fomento Dª. Ana Pastor -filla de Viveirense- coa Mariña, coa provincia de Lugo e con Galicia. En definitiva, en dous anos escasos o Goberno do Partido Popular finalizarase o que outros non foron capaces de facer en máis de sete.
Para facerlo posible, o Gobierno realizou un importantísimo esforzo económico, que ascende a máis de 60 de millóns de euros en pouco máis dun ano, e iso pese ás gravísimas circunstancias económicas que se atopou o Partido Popular ó chegar ó Goberno, que só no Ministerio de Fomento acumulaba débedas por un importe superior a 40.000 millóns de euros.
A este importantísimo esforzo inversor, habería que engadir o importe correspondente ó pago das expropiacións ós propietarios dos terreos que o anterior goberno socialista deixou sen pagar –máis de 100 millóns de euros en Galicia- e que agora xa foron abonados case na súa totalidade, centos de familias da Mariña que tiveron que agardar ata 7 anos para cobrar o que lles pertence.
Se no ano 2004 foi un goberno do Partido Popular o que puxo a primeira pedra da A-8 será neste ano 2013 outro goberno do Partido Popular o que finalice esta infraestructura na nosa provincia, que sen dúbida se converterá no eixo vertebrador de desenvolvemento futuro da Mariña, da provincia de Lugo e de Galicia.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



