-O Padroado aproba as contas do ano pasado cun grado de execución do 99,19%, o cumprimento de estabilidade orzamentaria e un prazo de pago a provedores de 16,6 días
-Gómez Besteiro destaca a optimización de recursos e oesforzo económicopara garantir unha educación pública e de calidade coa gratuidade da matrícula
-O compositor musical Arturo Vaquero tomou posesión como patrón experto no sector xunto ó director Jorge Coira, que repite no cargo
O Padroado da Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, analizou este luns a memoria de actividades do ano 2012, no que superou o seu récord con máis de 550 accións enmarcadas na educación pública. Na sesión, á que se incorporou como novo patrón o compositor Arturo Vaquero, tamén se aprobou a conta anual do pasado exerciciocun grado de execución do 99,19%do presuposto, que ascendeu a 1.635.505 euros e que cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria.
Neste senso, o Presidente da Fundación e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, incidiu en que “2012 foi o ano no que a Fundación TIC desenvolveu máis actividades, accións formativas e bolsas de emprego en toda a súa historia. E todo isto co mesmo presupostode anos anteriores, o que demostra que en época de crise, e cunha boa xestión, se poden optimizar recursos e cubrir máis necesidades”. O titular provincial subliñou que estaboa xestión tamén se reflicte en datos como o prazo medio de pago ós provedores, que se situou en 16,6 días, fronte ós 60 de máximo que establece a lei.
Ensino público e de calidade
A Fundación TIC mantivo en 2012 a gratuidade de matrícula, agás para os repetidores, dentro da súa aposta por unha educación pública e de calidade a través da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual.“Neste momento de dificultades económicas, no que as administracións debemos priorizar o destino dos fondos públicos, consideramos quea educación pública e de calidade é un dereito básico”, apuntou o máximo responsable provincial.
O Presidente da TIC afirmou que “todas as actuacións desenvolvidas ó longo do pasado ano están estreitamente vinculadas entre si e teñen como eixevertebrador un modelo formativo propio co obxectivo proporcionar ó alumnado da Escola unha formaciónencamiñada a súa inserción laboral, que é a nosa máxima prioridade”.
Para acadar este fin, fíxose especial fincapé naquelas actividades que proporcionan ós alumnos e titulados unha preparación en escenarios reais. Cabe destacar, entre outros exemplos, a participaron dos estudantesno vídeoclip“Lávate as mans”, que empregaron o Ministerio de Sanidade e a Organización Mundial da Saúde en campañas de sensibilización e a realización da III Gala Lucus Moda que se emitiu en varias canles de televisión.
Por primeira vez, bolsas no estranxeiro
O ano pasado a Fundación tamén incidiu nun dos seus sinais de identidade: o contacto directo do alumnado, desde o comezo da súa formación, con empresas e institucións vinculas ó sector multimedia.Neste senso, acadáronse 76 acordos con prestixiosas empresas a nivel nacional, que colaboran coa TIC a través deprácticas e bolsas de emprego que facilitan ós alumnos o seu primeiro contacto co mundo laboral.
Precisamente en 2012 incluíronse por primeira vez as bolsas de emprego Leonardo da Vinci, financiadas nun 70% pola Unión Europea. Destinadas a titulados da EIS, son axudas para a realización de prácticas en empresas de Irlanda, Italia e Portugal.
Difusión nacional e internacional da provincia
Polo que se refire á promoción da cultura, o deporte e o turismo da nosa provincia, a TIC elaborou traballos audiovisuais e reportaxes que foron difundidos a través de canles de televisión, emisoras de radio, xornais dixitais e axencias de noticias. Nalgúns casos, como o Km0 Surf-CampDeputación de Lugo, a súa proxección acadou un ámbito internacional coa emisión dunha reportaxe elaborada pola Fundación no programa Desde Galicia para o Mundo, que se emite en Europa, América e Asia.
Ademais, aumentouse nun 55% o número de convenios de colaboración con asociacións e empresas TIC para difundir o seu labor a través de produtos audiovisuais. ElaboráronseDVDs do 40º aniversario de AUXILIA, da III Gala Benéfica de UNICEF, do Proxecto Danza ou do programa educativo “Preescolar na casa”. Tamén se realizaron 43 vídeos promocionais das empresas integradas na Asociación Empresarias de Lugo e graváronse os partidos do Emevé, entre outras moitas actividades.
Transparencia e cooperación cos Concellos
Por outra banda, Gómez Besteiro dixo que “dentro da nosa política de transparencia, a Fundación afondou o ano pasado na súa apertura á sociedade lucense”. Unha das iniciativas máis destacadas foi a xornada de portas abertas Habertic. Ademais, pasaron polas instalacións da TIC máis de de 1.100 persoas, sobre todo alumnos de centros educativos e participantes no programa Km0.
Outro dos piares das actividades desenvolvidas en 2012 foi a prestación de apoio técnico e formativo a Concellos da provincia e a entidades públicas e privadas para accións vinculadas ó sector multimedia. Taménse levaron a cabo iniciativas encamiñadas a achegar ós lucenses a sociedade das novas tecnoloxías, como o código QR, que permitiu ós veciños que participaron no ISF 12 Incursión no San Froilán descargar ó momento vídeos no seu móbil.
No capítulo de investimentos, e logo do importante esforzo dos últimos anospara reestruturar as instalacións e adquirir un equipamento moderno e acorde coa realidade laboral, en 2012 adquiriuse un equipo de streamrecorder. Deste xeito, os estudantes participaron na retransmisión de actividades a tempo real a través da internet. Ó mesmo tempo, grazas ó streaming, a entidade ofrece ós cidadáns un servizo público que lles permite ver en directo a través dos seus dispositivos móbiles, actividades como as sesións plenarias da Deputación ou o Encontro Internacional de Baristas.
Renovación dos patróns expertos no sector
A reunión do Padroado asistiron ós representantes dos tres grupos provinciais e renovouse, como cada catro anos, ós patróns expertos do sector. Nesta ocasión, repite no cargo o director Jorge Coira e incorpórase Arturo Vaquero, en substitución do produtor José María Besteiro. O compositor musical e responsable do estudo de son Abrigueiroten unha acreditada experiencia que conta con numerosos recoñecementos. Entre eles, destaca unha candidatura en 2010 a un premio Goya á mellor canción por “Agallas vs. Escamas” e o premio Mestre Mateo 2013 á mellor música orixinal da longametraxe de animación “O Apóstolo”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



