Mondoñedo, 30 de abril de 2013.- As máis frecuentes problemáticas sociais actuais (paro, desafiuzamentos, perda de calidade en servizos públicos, fame…) son os principais argumentos da “performance” que representarán ás dúas menos cuarto da tarde un grupo de actores amadores e figurantes na alameda dos Remedios con motivo do Día do Traballo para dar a coñecer as necesidades polas que están pasando os municipios de Mondoñedo e Lourenzá logo de padecer o peche de industrias e a perda de postos de traballo.
“Evidentemente reivindicamos por razóns xeográficas a mellora da situación socioeconómica da comarca de Mondoñedo, pero con esta acción estamos a chamar a atención sobre os dirixentes para que arrimen o ombreiro e aporten iniciativas que saquen a esta sociedade da fochanca na que nos atopamos neste momento. Non se trata dunha manifestación ao uso, pero non deixa de ser un acto no que cantos máis sexamos, máis forte será a nosa voz”, argumentan desde a plataforma para animar a tódalas persoas da Mariña e a Terra Chá a achegarse a Mondoñedo para que “xuntos, sexamos máis”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



