O Cadete A e o Infantil B do Burela FS Pescados Rubén subirán un novo chanzo na competición de Deporte Escolar o sábado, coa disputa do Cuartos de Final de Provincial en Lugo. O Politécnico acollerá o duelo entre os cadetes laranxas e Friol (10.00) e A Piringalla recibirá a Escolapios A e ED EON Burela FS Infantil (12.00).
Antes, máis madrugadores, ambas as categorías terán que aplicarse na competición de Autonómica. Mañá o calendario levará os laranxas ata terras olívicas para medirse ao IES Coruxo FS, ás 11.00 horas os infantís e as 12.30 os cadetes. Na bomboneira, o sábado, tocaralles aos xuvenís coa visita do CP Casás (16.30) e pecharán os infantís ante ADFS Bueu (19.00).
Cun amigable entre o Infantil A e Alevín A (10.30 horas) como preludio, a xornada dominical daralle continuidade á Liga Autonómica en Vista Alegre, cos cadetes e O Carballiño (12.30)
Deporte Escolar Provincial-Cuartos de final
Friol Cadete-Burela FS Cadete A
Sábado 4 de maio, ás 10.00 horas, no pavillón Politécnico de Lugo
Escolapios Infantil A-ED EON Burela FS Infantil A
Sábado 4 de maio, ás 12.00 horas, na Piringalla de Lugo
Liga Autonómica Xuvenil
Burela FS-CP Casás
Sábado 4 de maio, ás 16.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Cadete
IES Coruxo FS-Burela FS
Mércores 1 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón IES Coruxo de Vigo
Burela FS-O Carballiño FS
Domingo 5 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Infantil
IES Coruxo-ED EON Burela FS
Mércores 1 de maio, ás 10.00 horas, no pavillón IES Coruxo de Vigo
ED EON Burela FS-ADFS Bueu
Sábado 4 de maio, ás 19.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Amigables
ED EON Burela FS Infantil A-ED EON Burela FS Alevín A
Domingo 5 de maio, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
