Ribadeo, 3 de maio de 2013. A partires do vindeiro luns, 6 de maio, os/as interesados/as que o desexen poden solicitar cita para facer a declaración da renda de 2012 no Concello de Ribadeo, tal e como anunciaba esta mañá o alcalde. Fernando Suárez subliña que se trata dun servizo moi apreciado e demandado polos ribadenses e asegura que o equipo de goberno quere seguir achegando a administración á veciñanza.
O rexedor sinalou que “agora que estamos inmersos neste debate sobre se as administracións se deben achegar aos cidadáns ou se deben afastar desde logo apostamos sempre pola primeira vía e facémolo con exemplos. De aí que volvamos ter o servizo da declaración da renda aquí en Ribadeo para esta campaña de 2012, que a partir deste vindeiro luns ás 9 da mañá xa os veciños e veciñas de Ribadeo que o precisen poderán pedir cita, como estes últimos anos, tanto presencial como por vía telefónica para reservar vez para que con este acordo que temos entre o Concello e a Axencia Tributaria de Lugo poida vir un funcionario competente a axudar e a asesorar para a realización da declaración da renda”.
Fernando Suárez lembrou que “realmente isto está pensado basicamente para xente con declaracións que non sexan demasiado complexas, que non teñan máis dun arrendamento, que non teñan ingresos de máis de 60.000 euros e en todo caso as novas instrucións que temos con respecto a outros anos é que xente que o ano pasado pediu cita, ocupou o espazo doutra persoa e que logo non acudiu a realizar a declaración non se lle vai poder dar cita para esta campaña que empeza para o luns que vén”.
Para o alcalde ribadense “isto é un exemplo de como se pretende dende o Concello seguir achegando servizos aos veciños. E aínda que agora, a día de hoxe, cada vez máis xente nova a través de internet xa pode facer a declaración da renda sen ningún problema segue existindo moita xente maior, que está desconectada das novas tecnoloxías e que non teñen esa capacidade, pero desde o Concello lle seguimos ofrecendo este servizo”.
Suárez Barcia quixo “felicitar publicamente, darlle os parabéns aos responsables da administración tributaria de Lugo por permitir o desprazamento deste funcionario que vén aquí sistematicamente desde hai moitos anos. Trátase dun servizo moi querido, moi demandado polos veciños e veciñas de Ribadeo. O número de citas é limitado e polo tanto eu pídolles expresamente a todos os veciños que teñan certo sentidiño e pídolles solidariedade. Desde logo non se vai atender para que unha persoa pida por el e por tres ou catro veciños e amigos máis, senón que cada persoa terá que vir expresamente demandalo, porque se trata de que as citas limitadas que existen cheguen ao mellor número de persoas posibles”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



