Lourenzá, 9 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá conmemorará o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 deste mes cun roteiro de 2,7 quilómetros polos lugares do municipio que foron destacados na vida de Francisco Fernández del Riego. Para esta actividade editouse unha guía e os interesados en conseguila deben inscribirse na biblioteca municipal en horario de cinco a oito da tarde ata o mércores día 15.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, anunciou hoxe que esta actividade “inclúese dentro da programación deste ano 2013 dedicada dende o Concello ao noso fillo ilustre Francisco Fernández del Riego. Estes actos comezaron o 7 de xaneiro lembrando o centenario do seu nacemento, dan continuidade agora na data das Letras Galegas, da que el foi un dos principais impulsores; e seguirán no Día Patria Galega, o 25 de xullo; para rematar no mes de novembro con dous actos, coincidindo o primeiro deles coa data do seu nomeamento como fillo predilecto do noso Concello e o último coincidindo coa data do seu falecemento”.
Lupe Flórez explicou que “para este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, ideamos un roteiro literario que ten como finalidade última lembrarlles aos laurentinos e a todas aquelas persoas que nos queiran acompañar nese día a vinculación que Francisco Fernández del Riego estableceu co noso concello durante os seus primeiros anos de vida, na súa infancia e adolescencia, cando conviviu entre nós. O roteiro leva por título Lourenzá lembra a Francisco Fernández del Riego, componse dun itinerario de 2,7 quilómetros e temos prevista que a súa duración sexa dunhas 2 horas, xa que non só percorreremos distintos puntos do concello senón que en cada un deles establecemos uns puntos de lectura onde veciños do concello, representando a distintas franxas de idade (nenos, adultos e terceira idade) e a diferentes colectivos e asociacións, van realizar unhas lecturas de textos escollidos do autor ao que estamos homenaxeando, do propio don Paco”.
A concelleira de Cultura engadiu que a saída está prevista para as 11 da mañá dende a praza do Conde Santo e “co gallo da celebración deste acto vamos ter unha pequena publicación, que será a guía do roteiro que se vai levar a cabo. Temos ideado tamén que a xente teña a posibilidade de inscribirse previamente ata o día 15 de maio, mércores, en horario de tarde na biblioteca municipal para optar a manexar a guía do roteiro, xa que será unha edición de exemplares limitada. Para a publicación destas guías contamos coa colaboración e o patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura. Dende o Concello tamén queremos agradecer a colaboración altruísta que Manuel Román Ramos, o autor dos libros que conmemoran a figura de Francisco Fernández del Riego titulados Vivir unha vida e Lume aceso, coa coautoría doutro veciño de Lourenzá, Xosé López González, coñecido como Celeirao, tivo a ben prestarnos ao Concello para definir cales son os puntos ideais para facer as pausas no noso roteiro. Sairemos na praza do Conde Santo e pararemos en distintos puntos significativos nos cales lembraremos textos nos que don Paco fai referencia explícita aos lugares onde imos facer esas paradas: diante da súa casa natal; na glorieta de Xulia Minguillón, onde aparte de ler un texto no que Del Riego fai referencia á pintora de orixe laurentina tamén leremos unha poesía dedicada a dita autora; despois continuaremos por distintos puntos da vila onde lembraremos as referencias que el fixo na súa escrita a estes lugares do concello de Lourenzá”.























Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



