ACISA Ribadeo acaba de asinar un convenio con El Farero para ofrecerlles ós seus asociados os servizos de Google Fotos de Negocios. O convenio consiste en realizar fotografías do negocio para permitir ó usuario desprazarse a través do interior do mesmo mediante un tour virtual. Ademais, Google Fotos de Negocios está conectado con Google Maps, Google Places e con Street View e El Farero conta con autorización para ofrecer este servizo a negocios que estean presentes en Google Maps. ACISA e El Farero consideran que “se trata dunha oportunidade de mostrar os negocios de Ribadeo a clientes de todo o mundo, é fácil de atopar para os clientes potenciais e ademais poderán realizar un percorrido virtual panorámico en forma dunha visita on line”. Así, os socios de ACISA, grazas á firma deste convenio suscrito polo presidente de ACISA, Roberto Rivas, e o responsable da empresa Servicios Audiovisuales El Farero, Manuel Vázquez, poderán obter condicións vantaxosas para mostrarse ó mundo. Os interesados en desfrutar de Google Fotos de Negocios poden dirixirse en busca de máis información tanto a ACISA como a El Farero.


















Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



