Ribadeo, 10 de maio de 2013. Sae a licitación a última fase das obras de reforma e ampliación do pavillón polideportivo municipal de Ribadeo, segundo anunciaba esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. O investimento será de 544.000 euros e o prazo de execución de tres meses. O rexedor dixo que a tramitación é polo procedemento urxente e aberto e agarda que “encarreiremos definitivamente esta obra que nos quedou parada por mor da crise e da situación económica e o Concello foi vítima do ocorrido”.
O rexedor dixo que “por fin despois de moitas semanas de traballo xurídico e administrativo, despois de que o pleno da Corporación rescindira o contrato do pavillón, a UTE formada por dúas empresas por non cumprir co comprometido a realizar en prazos, agora novamente volvemos sacar a licitación a parte final e pendente para o remate da obra de reforma e ampliación do pavillón polideportivo municipal de Ribadeo. O custe dos traballos será de 544.000 euros e un prazo de execución de 3 meses”.
Fernando Suárez explicou que “a tramitación é por procedemento urxente e aberto a todas aquelas empresas que cumpran os criterios que se especifican no prego de cláusulas administrativas e no prego de condicións”.
O alcalde de Ribadeo agarda que “encarreiremos xa de xeito definitivo esta obra que nos quedou parada por mor da crise e desta situación económica que estamos a vivir, onde ás veces as empresas adxudicatarias non poden cumprir os seus compromisos e ao final o Concello foi vítima desta situación económica. Agardemos que poidamos reanudar e solventar con éxito estas obras. E que os veciños e as veciñas de Ribadeo poidan disfrutar canto antes desta instalación tan importante para o deporte de base local, non só fútbol sala e baloncesto, senón multitude de deportes e de actividades que se poderán levar adiante neste pavillón polideportivo municipal”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



