– O festival FIBES perfílase como novo e innovador acontecemento cultural nas rúas do casco histórico da cidade de Lugo grazas á boa acollida por parte de lucenses e visitantes
– Danza, flashmobs e pulsadores de activación dos espectáculos foron algunhas das sorpresas coas que a organización do FIBES atraeu a atención dos paseantes
– Intenso traballo de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, que hoxe tamén seguiron coas cámaras as actividades da 2ª edición do Street Marketdo comercio lucense
O casco histórico da cidade de Lugo converteuse este venres nun enorme e orixinalespazo cultural. A partires das 11:00 horas e ata a medianoite, os balcónsda Deputación, o Concello, o hotel Méndez Núñez ou da Casa das Pombas; e as rúas e os mercados, comoo da praza de abastos, convertéronseen improvisados escenarios nos que tiveron lugar concertos e espectáculos de danza protagonizados por grupos e artistas lucenses.
O FIBES tamén buscou a implicación do público co factor sorpresa, como unha das súas principais características. Deste xeito, os cidadáns lucenses participaron activamente acompañando ós artistas nos seus espectáculos coa realización dun flashmob na praza de abastos e acompañando os bailes dos artistas na Casa das Pombas. O público foi ademais o encargado de activar un pulsador que daba comezo ás sesións, e no Pazo de San Marcos un actor mesturouse entre o público e animou ó resto dos asistentes. A xornada rematou coa animada actuación dun Dj na Casa das Pombas.
Coa organización e celebración do FIBES cúmprese un dos obxectivos educativos primordiais da Fundación TIC: o de fomentar a realización de prácticas en escenarios reais ós seus alumnos co fin de proporcionarlles unha formación acorde á realidade do mercado de traballo.
Na iniciativa tamén colaboraron estudantes doutros centros educativos. É o caso dos alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Ademais, o logotipo do FIBES foi elaborado por Rodrigo Insua, alumno da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón, que tamén se encargou da toda a imaxe corporativa do Festival.
A TIC, unha vez máis cos comerciantes
Bolseiros e técnicos da Fundación TIC rexistraron coas cámaras o 2º Street Market de comerciantes de Lugo para á súa posterior difusión a través da realización dun DVD. Esta iniciativa, que tivo lugar hoxe ó longo de todo o día na cidadee na que participaron medio centenar de comerciantes ofrecendo suculentas “gangas” nas rúas, pretende animar as vendas e atraer público ó centro de Lugo. Artigos de téxtil, complementos de moda, calzado, roupa o gafas, foron algunhas das mercancías postas á venda.
Non é a primeira vez que a Fundación TIC amosa o seu apoio ós comerciantes da capital. A entidade, dependente da Deputación de Lugo, mantén un convenio de colaboración coa Asociación de Autónomas para difundir as actividades do colectivo lucense. Algúns exemplos de colaboración son a Feira Outlet ou a Noite Aberta.
Para esta última, alumnos da EIS realizaron un amplo reportaxe sobre as dúas edicións celebradas, o que serviu de promoción en varios canles informativos e grazas o cal a iniciativa estivo presente nas redes sociais máis populares.Un compromiso que, na actualidade, a Fundación TIC mantén con máis de 100 asociacións da provincia sen ánimo de lucro.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



