Os socialistas esíxenlle aos responsables xudiciais que “velen polo dereito ao principio de inocencia, ademais de garantir o respecto ao segredo de sumario”.
As Executivas do PSdeG provincial e local de Lugo lamentan a “insostible indefensión” e a “continuada presión e exposición pública” á que está sometido o alcalde lucense, José López Orozco, e amósanlle o seu “absoluto apoio” co “total convencemento da súa inocencia, unha vez máis”, como xa se demostrou noutras ocasións anteriormente.
Os socialistas lucenses lembran que a situación de López Orozco “non ten precedentes”, cun comportamento “sempre exemplar” por parte do tamén presidente do PSdeG, que incluso declarou voluntariamente e sempre estivo a disposición da Xustiza para aclarar calquer punto. Esíxenlle aos responsables xudiciais que “velen pola súa honorabilidade e o principio de presunción de inocencia, ademais de garantir o respecto ao segredo de sumario e evitar continuas filtracións interesadas”, ao tempo que solicitan “unha vez máis, que os procesos xudiciais se resolvan co maior rigor e o antes posible”.
Desde o PSdeG censuran “o espectáculo público no que se están a converter moitas accións xudiciais” e lembran que “estas situación fan un grave dano que se prolonga no tempo e que despois, sexa cal sexa a resolución, ten unha pegada inxusta e irreparable”, polo que se suman á petición de amparo do rexedor lucense ante a titular do Xulgado número 3 de Lugo.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



