A actual programación do Museo Provincial do Mar de San Cibrao acolle diferentes actividades ó longo destes días. O xoves 16 de maio haberá un obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que coordina Pepa Yáñez Anllo. Será de 18.00 a 19.30 horas. A continuación, gravarase un lipdub co tema “Logo chega o día” do grugo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Doutra banda, o Días das Letras Galegas, venres 17 de maio, terán unha xornada de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Durante toda a semana desenvólvese un photocall para caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica ó dramaturgo) e fotografarse cun cartel coa palabra en galego que máis lle guste á persoa que se achegue ó museo. Ás sete da tarde do venres haberá tamén un Concerto das Letras do grupo de blues-rock en galego Megara. Finalmente, o sábado 18 de maio que é o Día dos Museos haberá ás 18.00 horas “Entre maiores: un obradoiro de comunicación”, con vídeoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial. O broche final será un novo concerto a cargo de Alejandro Canoura (Guerrera) con blues-rock.
Letras Galegas, concertos e obradoiros no Museo do Mar
Letras Galegas, concertos e obradoiros no Museo do Mar
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia