Unha representación dos movementos sociais galegos, plataformas veciñais, concellos e organizacións ecoloxistas vimos de asistir a unha audición no Parlamento Europeo, organizada polo grupo Verdes-ALE, para debater sobre a megaminaría contaminante. Os proxectos mineiros de Corcoesto, A Limia, Cartelle-Ramirás e Castrelo son só algúns das ducias de ameazas que nestes intres pairan sobre a nosa terra debido á cobiza dalgunhas empresas e á conivencia e a corrupción dalgunhas administracións. Dende ADEGA esixímoslle ao Parlamento Europeo que faga os seus deberes e lexisle (abonda xa de resolucións) para prohibir determinadas prácticas mineiras que como o uso do cianuro ou o “fracking” poñen en perigo a terra e a vida especulando indecentemente coa saúde da cidadanía.
MinaParl1Corcoesto, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle xunto con Chalkidiki (Grecia) e Rossia Montana (Romenia) son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia). E isto pode acontecer porque malia a qoe o estado Español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa axuda dalgúns políticos cómplices, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo que estas materias primas están a acadar nos mercados, esquecen á poboación local ou mellor dito, extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.
Non só algúns recursos concretos están ameazados polo expolio (ouro, terras raras, wolfram, coltán…), son tamén os chamados servizos ecosistémicos os que están en xogo. Os servizos que nos prestan os ríos, pola súa capacidade de fornecernos de auga e de depurar (aotodepurar) a contaminación; os bosques (captura de CO2 e sustento da biodiversidade); as montañas (captción de auga e regulamentación do ciclo hídrico); ou as costas (amortecemento dos impactos do cambio climático e berce de recursos alimenticios), entre outros, están tamén ameazados.
MinaParl2No eido socioeconómico, a explotación dos recursos mineiros e particularmente dos metais, está controlada por empresas transnacionais que operan baixo criterios especulativos: O alto prezo destas materias primas nos mercados internacionais pola demanda tecnolóxica fai que moitas veces as técnicas de explotación e os métodos de extracción non sexan os millores técnicamente nen os que menos impactos producen, senón os que xeran menos custos e permiten un beneficio máis rápido ás empresas. Deste xeito, cando as empresas mineras marchan deixan enormes pasivos ambientais e sociais que degradan o ambiente, deterioran a saúde e a calidade de vida das poboacións das áreas mineiras e impiden outros aproveitamentos económicos.
Fronte a este panorama, resulta urxente que o Parlamento Europeo fixe as condicións, as regras de xogo que permitan garantir a supervivencia do medio e das persoas fronte a esta ameaza, marcando as liñas vermellas e trasladándoas de xeito inequívoco ao acervo lexislativo común: non ao ceo aberto, se hai alternativas; prohibición das tecnoloxías baseadas no uso do cianuro; Prohibición do “fracking”; e non menos importante, garantir a prioridade e a prevalencia dos aproveitamentos tradicionais (agricultura, gandería, aproveitamentos forestais…) e outros usos compatíbeis (culturais, científicos, turístico-recreativos…)
Hai 2000 anos os romanos chegaron á Gallaecia para levar os seus minerais, deixando fondas feridas no territorio aínda visíbeis hoxe, como no caso da paraxe das Médulas. Alí aplicaron a técnica que denominaron ruina montium, isto é, a ruína dos montes para extraer o ouro. Os romanos, cando menos, foron honestos: Chamaron ás cousas polo seu nome. Hoxe, os novos colonizadores agochan os seus proxectos baixo etiquetas como “desenvolvemento sustentábel”, usando os postos de traballo como escudos humanos. Non nos deixemos enganar por esta terminoloxía: cando falan de desenvolvemento sustentábel queren dicir o seu desenvolvemento, sustentado por todos nós. O que nos ofrecen non é mais que, parafraseando aos romanos, a ruina terrae (a destrución da terra) e a ruina vitae (a destrución da vida).
Hoxe estamos eiquí, na sede da representación popular deste novo imperio romano (ou deberiamos dicir xermánico) que é a Unión Eurpoea, para que vós, parlamentares desta institución, cumprades coa vosa obriga de preservar a vida e a terra, lexislando con urxencia sobre as practicas da megaminaría contaminante e establecendo esas liñas vermellas que permitan protexer de xeito efectivo aos ecosistemas ameazados e aos seus habitantes.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



