A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en viajeslucus.com e no 982 043 00 ou 658 240 815.
