Santiago, 22 de maio de 2013.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia vén de aprobar unha iniciativa impulsada polo voceiro do Mar dos populares galegos, José Manuel Balseiro, pola que se reclama aos eurodeputados españois que voten en contra do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, como mínimo, ata que no mesmo non se inclúa a posibilidade de pesca para a flota cefalopodeira.
O acordo parlamentario saíu adiante co apoio do Grupo Popular e parcialmente (no punto primeiro) tamén co voto favorable do BNG. Balseiro lamentou que PSOE, AGE e BNG, pese a manter unha reunión co sector na que se lles trasladou a importancia deste acordo, non foron quen de votar favorablemente a esta petición que reclamaban os propios mariñeiros. Con todo, significou a importancia da iniciativa aprobada e de que sexa o Parlamento galego o que pida aos nosos representantes europeos unha toma de posición firme en defensa dos intereses dos mariñeiros galegos que, ata o de agora, viñan traballando no caladoiro mauritano.
O texto final tamén mantén a petición formulada polo Grupo Popular para que os gobernos autonómicos andaluz e canario se involucren na estratexia de bloqueo do acordo pesqueiro, que para entrar en vigor de xeito definitivo precisa ser ratificado polas institucións comunitarias. Balseiro lembrou, neste senso, que son estas dúas comunidades onde teñen base maioritariamente os barcos cefalopodeiros, aínda que gran parte da tripulación é galega.
A XUNTA ACTÚA DESDE O PRIMER MOMENTO
Balseiro defendeu as xestións levadas a cabo tanto pola Xunta como desde o Ministerio e lembrou que veñen traballando activamente para corrixir a “desastrosa negociación” do anterior Goberno socialista que, “incomprensiblemente aceptou os termos máis férreos e duros deste acordo pesqueiro co país africano”.
Agora os populares teñen postas as súas esperanzas nas dúas vías de traballo abertas por Xunta e Goberno central, tanto na Eurocámara como na negociación directa coa propia Comisión Europea. Iso si, Balseiro lamentou o erro estratéxico do PSOE, que primeiro deu pé a unha mala negociación e agora pide que se negocie bilateralmente con Mauritania un acordo que é multilateral e que se decide en Bruxelas.
O deputado popular quixo manter unha postura optimista cara o futuro respecto da reconsideración dos termos máis negativos do acordo e lembrou que a presión da Xunta e do Goberno central xa ten acadado algúns avances. Así, por exemplo, Balseiro explicou que foi a petición do Goberno galego polo que se incluíu á flota cefalopodeira no anexo do propio acordo pesqueiro –aínda que con cota cero- o que permitiría outorgarlle posibilidades de pesca no futuro. E tamén, Xunta e Ministerio forzaron a reunión do Comité Científico previsto no propio acordo, ao obxecto de acreditar o bo estado do recurso do polbo no caladoiro mauritano.




















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



