A atleta das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo, Nerea Bajatierra, acadou o pasado sábado no campionato galego infantil a medalla de bronce en lanzamento de peso da categoría infantil feminina cun lanzamento de 8,06.
A atleta, que é a actual campioa provincial, efectuou o mellor concurso no seu último lanzamento, co que pasaba da 5ª posición á 3ª. Ademais competiu en disco, obtendo a 11ª praza con 13,46.
O resto da expedición tamén competiu a un gran nivel. Xana Rodríguez quedou 4ª galega en 220 vallas con 36,34 a 12 centésimas da 3ª praza; a pesar de ter mellor marca nas semifinais cun tempo de 35,86. Xana tamén competiu en triplo cunha sétima praza (8,71) e clasificouse tamén para a final de 80 lisos (11,19) aínda que non participou para reservarse para a final de vallas. Quizás o cansazo lle pasou factura na final de 220 vallas, ó participar en tres probas.
E, pola súa banda, Lidia Barreira realizou tamén un excepcional concurso en triplo salto obtendo a 6ª praza a pesar de ser atleta de primeiro ano cun salto de 8,77. E, por último, Ilyass Khaled foi 8º en 1000 obstáculos (4,01) e 10º en xabalina (21,02).






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
