As xogadoras do Burela FSF Jozi, Lidia e Patri estiveron no colexio Sagrado Corazón de Jesús compartindo a xornada cos alumn@s de ESO, contándolles as súas sensacións despois de terse proclamado campioas de liga e da Copa de España, dicíndolles que o deporte é algo marabilloso, pero que tamén é duro e esixe moita disciplina e moitas horas de adestramento e de viaxes, aínda que para elo teñan que renunciar a estaren coas súas familias e nos seus países. As xogadoras acudiron por segunda vez ao centro ribadense, dentro do concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade, que organizaron o CIM e a Concellaría de Igualdade. Jozi, Lidia e Patri fotografáronse con todos os alumnos e alumnas da ESO e firmaron ducias de autógrafos. O colexio Sagrado Corazón agradeceu o xesto, a amabilidade e a cercanía das xogadoras e do director deportivo do Burela FSF, o traballo realizado desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade para levar adiante este concurso de guións radiofónicos e a colaboración de Faro Norte Comunicación.






















No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



