Lugo, 31 de maio de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular reiterou esta mañá o escrito no que solicitan acceso á documentación xustificativa dos gastos do programa Kilómetro 0, sufragados con cargo ao Anticipo de Caixa Fixa do Servizo de Protocolo.
O Grupo Provincial do Partido Popular xa presentara rexistros o 11 de xaneiro de 2012 e o 16 de maio do mesmo ano, no que solicitaban copia das xustificacións destes gastos e reiterarana no día de hoxe para que sexa cursada polo equipo que preside José Ramón Gómez Besteiro, por ser un dereito dos populares tal e como se recolle no Regulamento Orgánico de Funcionamento da Deputación Provincial de Lugo.
Da documentación que obra no poder do Grupo Provincial Popular, extráense pagos baixo a denominación de “Outros Gastos Diversos. Participación Cidadá (KM0) durante o 2012, que suman un total de 155.412,95 euros, e que se sufragaron baixo o procedemento do Anticipo de Caixa Fixa.
Ante esta situación e o proceder reiterado de José Ramón Gómez Besteiro na utilización do pago por Anticipo de Caixa Fixa, o GPP continúa coa súa intencionalidade de controlar e fiscalizar cada un dos gastos do KM0. Así, os populares aseguran que utilizarán todos os procedementos que obren ao seu favor para que se lles dea acceso a esta información co único obxecto de cumprir coa súa responsabilidade de oposición e garantir e ter a seguridade de que a xestión provincial se asenta baixos os principios da ética e da legalidade.
Anticipos de Caixa Fixa
Por último, enténdese por anticipo de caixa fixa as provisións de fondos de carácter extraorzamentario e permanente que se realicen para a atención inmediata e posterior aplicación ao orzamento do ano no que se realicen. Neste senso, habilítase a unha persoa para que poda dispoñer destes fondos e despois imputar na partida orzamentaria correspondente.
Adoitan tratarse de gastos repetitivos, tales como dietas, gastos de locomoción, material…, pero que non teñen a consideración de pagos a xustificar. Asemade, adoitan ser de menor contía.
Polo tanto, poden efectuarse sen necesidade de tramitar un expediente de contratación, utilizando este procedemento de anticipos de caixa fixa, sempre e cando se trate, como se indicou, de gastos de carácter periódico ou repetitivo en bens correntes e servizos.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



