Lourenzá, 1 de xuño de 2013. O acto de entrega de agasallos e diplomas aos premiados no certame de narración e debuxo convocado pola biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, tivo lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello e as encargadas de dar os premios foron a alcaldesa, Emma Álvarez; a concelleira de Cultura e presidenta do xurado, Lupe Flórez; e a bibliotecaria e secretaria do xurado, María José López.
“Dende a Concellería de Cultura atopamos moi acertada a temática desta convocatoria, xa que o xenérico A toda máquina deu lugar a que cada un dos participantes expresase as distintas visións que esas tres palabras lle suxerían: máquinas e tecnoloxía, velocidade, a visión da vida estresante e apuradas, … Por iso a selección dos traballos foi complicada”, explicou Lupe Flórez.
A concelleira de Cultura comentou tamén que o Concello “desexa moita sorte a tódolos seleccionados para a participación na fase provincial do concurso, no que sempre soemos ter algún traballo premiado da biblioteca de Lourenzá”.
Listado de gañadores
NARRACIÓN
|
Categoría A (ata 8 anos) |
Categoría B (de 9 a 11 anos) |
Categoría C (de 12 a 16 anos) |
|
Nerea Álvarez Valea |
Javier Álvarez Méndez
|
Marco Ángel Polo González |
|
Jerom Moirón Trigo
|
Aroa Sordo Álvarez |
Cristian Piñeiro Seijo |
|
Claudia Carril Cabaleiro |
Antía Lillo Irimia
|
Codés Lillo Irimia
|
DEBUXO
|
Categoría A (ata 8 anos) |
Categoría B (de 9 a 11 anos) |
Categoría C (de 12 a 16 anos) |
|
Adriana Polo González
|
Javier Álvarez Méndez |
Iván García Álvarez
|
|
Jerom Moirón Trigo
|
Antía Lillo Irimia |
Marina Rivas López |
|
María Sánchez Villalba
|
Aroa Sordo Álvarez |
Ilyass Khaled |






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



