A Mariña, 5 de xuño de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública iniciou en Ribadeo unha campaña informativa baixo o lema “Pra que non nos calen” onde denuncian a actuación represiva e persecutoria da Sub-delegación do goberno do Estado en Lugo coa imposición de sendas sancións de 1.500 euros a dous dos sindicatos integrantes da Plataforma que comunicaron a este organismo a celebración dunha concentración o dous de marzo na demanda de autonomía na xestión sanitaria da Mariña coincidindo cun congreso do Partido Popular. A Plataforma anunciou que o lema da campaña non é un simple titular, senón que continuará no traballo de denuncia iniciado fai tres anos ante os recortes na política sanitaria e o desmantelamento de servizos sanitarios en xeral e na Mariña en particular.
CAMPAÑA “PRA QUE NON NOS CALEN”
Representantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña deron inicio hoxe en Ribadeo á campaña “Pra que non nos calen” como resposta aos intentos de recortar a liberdade de expresión mediante o que consideraron “actitude represiva e persecución” por parte da Sub-dedelación do goberno do Estado en Lugo que impuxo dúas sancións económicas de 1.500 euros a sindicatos integrantes da Plataforma pola concentración do 2 de marzo en Burela.
Dende a Plataforma informarán á cidadanía recorrendo diferentes vilas da comarca, recollerán sinaturas a favor da autonomía de xestión sanitaria da comarca, para a mellora das infraestruturas e servizos sanitarios na comarca tanto en primaria como en especializada e na demanda dunha sanidade pública universal e gratuíta. Na mesma liña buscarán adhesións de colectivos e persoas particulares á entidade e apoio económico para continuar co traballo que ven desenvolvendo dende fai tres anos.
AGRADECEN AS MOSTRAS DE APOIO E O COMPROMISO DA XENTE PARA DEFENDERNOS DAS SANCIÓNS ECONÓMICAS.
Dende a Plataforma agradeceron publicamente as mostras de apoio recibidas por diferentes vías que en moitos casos son compromisos para testificar cando sexa preciso a favor da Plataforma e os sindicatos sancionados. Insistiron en que varias persoas asistentes ao congreso do PP celebrado o dous de marzo en coincidencia coa concentración da Plataforma “provocaron de maneira insistente ás persoas concentradas na defensa da sanidade pública e houbo un despregue excesivo de forzas de seguridade que alteraron unha protesta que en todo caso foi ruidosa pero pacífica”.
PREOCUPACIÓN POLO PECHE DE CAMAS E SERVIZOS NOS CENTROS DE SAÚDE
Mostraron a súa preocupación polo recorte en servizos e a constante derivación de pacientes a centros fora da comarca, é evidente sinalaron, “ que o peche de camas no hospital da Costa vai supoñer un novo incremento nas listas de agarda cando xa estamos nos postos de cabeceira do sistema público de saúde”. Igualmente advertiron que prestarán atención á situación do Centro de Saúde de Cervo que leva tres días sen facultativo obrigando á xente a desprazamentos para consulta ou para pasar unha simple receita.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



