Este sábado 8 de xuño, dentro da Semana do Medio Ambiente e coincidindo co Día Mundial dos Océanos, levaremos a cabo unha limpeza simultánea de praias en máis de 20 areais dende Baiona até Burela. Serán actividades de educación e voluntariado ambiental para mudar conciencias e reivindicar políticas de reciclaxe e reutilización, dicindo non aos plásticos, á incineración e aos vertedoiros.
A maioría das cousas que usamos ou consumimos están feitas con algún material plástico, un material feito para durar sempre pero que utilizamos durante un periodo de tempo limitado, moitas veces ínfimo. A mentalidade do usar e tirar é relativamente recente, se o pensamos ben, non fai moito os recipientes da maioría dos produtos eran reutilizables (vidro, aluminio…) e duraban moito máis. Actualemnte recupérase só un 5% do plástico producido mundialmente (225 millóns de toneladas anuais). Un 50% remata en vertedoiros ou incinerado, e unha grande parte “desaparece” no medio, moitas veces nos océanos.
A contaminación por plástico é un grave problema que afecta aos ecosistemas mariños. Estes residuos causan a morte de máis dun millón de aves mariñas, e de 100.000 mamíferos mariños e tartarugas cada ano. Estes animais confunden o plástico (tapóns, bolsas, etc.) con alimento e acaban morrendo de inanición cos estómagos cheos de lixo. Outros acaban enredados nestes residuos e morren igualmente.
No océano hai plásticos que flotan e outros que afunden. A luz do sol acaba fragmentando e converténdoo en pequenas partículas que nunca desaparecen. O microplástico tamén chamado “plancto plástico” está formado por pequenas partículas que atraen substancias como DDT, PCB ou outros pesticidas daniños para a saúde, incrementando os seus niveis e polo tanto a súa perigosidade. É por iso que os pequenos plásticos no océano non son inocuos. Estas substancias altamente canceríxenas acaban pasando a cadea trófica en peixes que viven libres nos océanos, e que rematan nos nosos pratos, afectando directamente á nosa saúde.
Ante esta grave problemática ambiental dende ADEGA convidámoste a pasar á acción. O máis importante nesta loita é mudar os hábitos e reducir día a día o consumo de plástico, utilizando bolsas de tea, comprando a granel, rexeitando os produtos con varios embalaxes innecesarios, mudar as botellas de auga por cantimploras…
Cada ano celebrando o día dos océanos ADEGA convoca unha limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 praias en todo o litoral galego mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos.
Podes ver as limpezas convocadas e unirte a algunha ou organizar unha coa túa asociación ou grupo de amigas e amigos.
Na limpeza simultánea de praias están inscritas as seguintes entidades:
| CONCELLO | Colectivo |
PRAIA |
| A Coruña | ADEGA-Coruña e Plataforma pola defensa da ría de Sada |
Praia de Morazón |
| Arteixo | GN Hábitat eCEIP Salgado Torres |
Praia O Reiro |
| Baiona | Concello de baiona |
Praia de Baiona |
| Burela | IES Perdouro |
Perdouro |
| Carnota | Raínha Lupa,Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas e ADEGA- Costa da Morte |
Corna Becerra |
| Fene | ASPANEPS |
Praia de San Valentín |
| Ferrol | ADEGA Ferrolterra eOcéano Surf Clube |
Doniños |
| Fisterra | IES Fin do Camiño |
Praia de Fisterra |
| Laxe | IES Baio-Zas |
Traba (Laxe) |
| Muxía | Programa de voluntariado do concello de Muxía |
Praia dos muiños |
| Nigrán | Prado Surf Escola |
Praia de Patos |
| O Grove | Riders Surf School |
A Lanzada |
| O Grove | IES As Bizocas |
Areal da Cruz |
| Oleiros | Oficina de Medio Ambiente da UDC |
Bastiagueriño |
| Poio | Plataforma Veciñal de Samieira |
Areal do Laño |
| Porto do Son | ADEGA – Nacional |
Queiruga |
| Vigo | Buceo Balea |
Marina Dávila |
| Vigo | Voces polo litoral de Teis |
A Lagoa |
| Vilanova de Arousa | IES A Basella |
Terrón |
| Viveiro | Van Surf School e A Estruga |
Praia de viveiro |




















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



