O xurado dos primeiros galardóns #INLUGO, impulsados pola Deputación para premiar iniciativas, persoas ou organizacións que destacan no bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías, vén de fallar os galardóns. Entre as preto de 40 candidaturas presentadas, elixiu as seguintes:
– Adega Vía Romana de Chantada, na categoría de Comercio, Ocio e Restauración, pola aplicación das TIC para impulsar a súa actividade vitivinícola: organización e efectividade de accións de marketing en internet, presenza en redes sociais, implantación de códigos QR e dinamización do turismo enolóxico da Ribeira Sacra. A súa web é www.viaromana.es
– Espazo educativo El Faro de los Tres Mundos, no apartado de Educación e Formación, debido a innovación en contidos educativos para incrementar a denominada intelixencia cultural de nenos e mozos, o que implica un valor engadido para o crecemento individual como persoas, xa que supón a interiorización de valores como o respecto á diversidade, a mellora da capacidade creativa, intelectual e física, así como a adquisición de novas competencias como unha maior facultade de colaboración e traballo en equipo. Trátase dunha iniciativa única en España e parte da necesidade de mellorar o coñecemento e formación dos escolares a través da cultura asiática, “unha das culturas máis emerxentes e na vangarda do mundo máis avanzado”. Conta coa páxina web www.elfarodelostresmundos.com e o twitter @elfaro3mundos.
– Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, en Deporte e Saúde, pola súa innovadora páxina web www.coflugo.org que constitúe unha fonte de información sobre saúde fiable, profesional, dinámica e intuitiva, e que busca cubrir as necesidades e inquietudes que poidan ter os pacientes de toda a provincia. O xurado valorou tamén o dinamismo do Colexio de Farmacéuticos en Twitter -@COFLugo-, onde incorporaron códigos QR ós carteis nos que mostran os calendarios das gardas das farmacias, conseguindo deste xeito que os cidadáns poidan consultar os establecementos de garda de Lugo cidade a través do teléfono.
– O tuitero co pseudónimo Lucense Enfurecido -@LucenseEnfurec- con máis de 4.500 seguidores, na categoría de Cultura e Sociedade, por contar practicamente en directo todo o que ocorre en Lugo, sen perder ningunha nova.
– Empresa Intelixencia Visual, en Tecnoloxía, por ser unha das promotoras do proxecto Una cebra en el agua, que se desenvolve dende o pasado ano en 20 centros educativos galegos e ten como obxectivo espertar novas vocacións científicas nos estudantes de Secundaria de Galicia a través do emprego dunha ferramenta pedagóxica, pioneira a nivel nacional, e o aprendizaxe experimental dentro das aulas, seguindo a corrente metodolóxica de “aprender facendo”. Conta coa web www.inteligenciavisual.com e a conta de Twitter @intelvisual.
A entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro sábado, ás 19:30 horas, no marco do congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO, un evento pioneiro en Galicia que reunirá esta fin de semana á elite nacional de Internet. Ademais do recoñecemento público polo seu labor e traxectoria, cada gañador recibirá unha estatuíña e un dispositivo tecnolóxico de última xeración xentileza da compañía Telefónica.
O congreso arranca mañá
No congreso #INLUGO, que terá lugar este venres e sábado, están inscritas máis de 320 persoas, e as últimas prazas aínda poden reservarse na web www.deputacionlugo.org. Tódolos asistentes recibirán agasallos tecnolóxicos, doados polas empresas colaboradoras.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará as xornadas mañá, ás 16:30 horas, aínda que os participantes deberán estar 10 minutos antes en San Marcos, ás 16:20 horas, para recoller as acreditacións.
A programación de mañá, que inclúe a participación dunha decea de recoñecidos profesionais, é a seguinte:
17:00 horas.- Mesa redonda Periodismo en Internet, na que intervirán:
– Nacho de la Fuente, un auténtico xornalista 2.0, responsable das redes sociais da Corporación Voz, e profesor de Social Media no Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE).
– Pilar Portero, unha activista do xornalismo 2.0, colaboradora de Huffington Post, Zoomnews e Interviu, e autora do libro Héroes Sociales 2.0.
– Xabier Sanmartín Cuevas, un apaixonado da súa profesión, o periodismo, en calquera das súas vertentes. É autor do libro Nuevas tecnologías, cómo entenderlas… Hoy el futuro ya es presente, primeiro ebook da prensa en Galicia.
– O xornalista Ángel Vaqueiro moderará o debate.
18.00 horas.- Conferencia Tuenti, la red social que revolucionó España, a cargo de Sebastián Muriel, actualmente director de Desarrollo Corporativo de Tuenti, o sitio web máis importante en España, con 13 millóns de usuarios, 40.000 millóns de páxinas vistas ó mes e un dos niveis de engagement máis altos do sector (de media máis de 100 minutos ó día).
19:00 horas.- Conferencia El futuro ya está aquí, de Mario Tascón, gurú dos medios dixitais e redes sociais, e especialista tamén en contidos adaptados a todo tipo de soportes (dende web a tabletas), visualización, periodismo de datos e novas narrativas. Participa activamente en Twitter, onde destaca como un gran tweetgrafólogo.
19:00 horas.- Mesa redonda Turismo e Internet, coa participación de coñecidos blogueiros de viaxes e profesionais do sector:
– Gonzalo Moreno, especializado en marketing on line, é a persoa encargada da xestión da comunidade de minube.com e da súa actividade en redes sociais.
– Mario Silva, profesional do turismo desde 1996 que con 22 anos creou a súa propia axencia de viaxes. Actualmente forma parte do proxecto nomaders.com, co que buscan que cada viaxe sexa unha experiencia enriquecedora e única.
– Roberto Santos: A súa carreira profesional discorreu cerca das redes, de Internet, do software e dos dispositivos. Traballou co software libre na súa vertente técnica, metodolóxica, ou xurídica, entre outras.
– Victoria Rodríguez: coñece a industria turística ó detalle. Non en balde leva máis de 20 anos desenvolvendo diversas tarefas como axente de viaxes, operadora de servizos, atención VIP, tour condutor, organización de eventos ou docente en FP. Traballou en EE.UU., Italia, Israel e varios países de Latinoamérica.
20:30 horas.- Humor 2.0 a cargo do showman Víctor Grande.
Grazas ó traballo da Fundación TIC, todas estas actividades poderán verse en streaming, a través da web provincial.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



