Foz, 6 de maio de 2013. O Concello de Foz trasladará aos responsables da Deputación de Lugo as queixas dos veciños das parroquias polo mal estado en que se atopan as estradas que a institución provincial ten no municipio focense. Este foi un dos asuntos que se trataron na xuntanza que o alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, e os concelleiros Pedro Fernández Manín e Ánxel Paleo mantiveron onte en San Martiño. Pero este tema tamén saíu a relucir nas dúas reunións anteriores deste ciclo programado polo goberno municipal, celebradas nas parroquias de Vilaronte e San Martiño.
Despois da reunión celebrada onte no centro cívico de San Martiño o rexedor municipal agradeceu “a multitudinaria presenza de moitos veciños. Estivemos falando durante hora e media sobre a problemática das parroquias e serviu para trasladar as queixas e suxestións por parte dos veciños e explicar por parte do Concello a situación actual e as limitacións que temos para dar mellores servizos”.
Javier Castiñeira destacou que “hai bastantes queixas, comúns en todas estas últimas reunións que tivemos, polo estado das vías da Deputación de Lugo, xa que os firmes atópanse moi mal e as cunetas están sen rozar. Polo tanto nós vamos trasladar unha queixa aos propios responsables da Deputación para que fagan canto antes o mantemento, pois teñen completamente abandonadas as vías do concello de Foz”.
“Vemos que noutros concellos están a facelo, están intensificando moito as obras, pero en Foz verdadeiramente non é así. Súmome a esa queixa da alcaldesa de Lourenzá pois parece que para uns concellos a Deputación é moi amable e moi receptiva e está facendo moitas inversións, pero para outros concellos nin se colle o teléfono nin se fai o mantemento das vías e a colaboración é mínima. Polo tanto, vamos pedirlle á Deputación que nos trate igual que ao resto de concellos. Non sei se é pola cor política ou por afinidade persoal cos alcaldes, pero dende logo os focenses pagan os mesmos impostos que os veciños doutros concellos e necesitan tamén os mesmos servizos. Neste sentido os propios veciños das parroquias, das que tanto falan BNG e Partido Socialista, non están sendo tidos en conta, polo menos os de Foz”, manifestou hoxe Castiñeira.
O alcalde focense rematou reclamando “igualdade para todos e que manteñan as estradas da Deputación en bo estado e rozadas, posto que a maior parte delas dan pena. E que nos traten igual que ao resto de concellos, porque o merecemos. Creo que Foz, que é un dos concellos máis importantes da Mariña sen desmerecer a ninguén, non pode recibir peor trato que outros concellos con menos problemas, con menos extensión e con menos poboación e importancia”.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



