Ribadeo, 6 de xuño de 2013. O alcalde, Fernando Suárez, amósase contrario á posible supresión de trens de Feve no traxecto Ferrol-Ribadeo. O equipo de goberno levará este asunto á vindeira sesión plenaria. Suárez Barcia considera que están atacando e cortando de raíz servizos que son moi demandados e pon como exemplo que moitos rapaces e rapazas de varios puntos da Mariña empregan eses trens durante as fins de semana para desfrutar do ocio nocturno a Ribadeo.
O rexedor sinalou que “nestes últimos tempos cada vez que falamos de actuacións do goberno do Estado sempre son relativas a recortes, a reducións ou a pasos atrás no que ten que ver coa vertebración do noso país. Agora é no tocante ao tren de Feve”. Suárez Barcia lembrou que “hai máis ou menos un ano houbo unha serie de globos sonda e aquí no Concello de Ribadeo aprobamos unha proposta da Alcaldía opoñéndonos a aquela redución de liñas por entender que determinados servizos que vertebran a nosa comarca, desvertebrada ao mesmo tempo, se ían perder, dado que para chegar de Ribadeo a Viveiro nin por estrada nin por tren contamos coas liñas axeitadas para que a xente, en tempos adecuados, se poida mover comodamente”.
O alcalde ribadense dixo que “agora vemos como a través dunha actuación duns trens turísticos para a época estival vaise aproveitar para que o organismo estatal suprima unhas liñas de tren que son moi demandadas, que son moi rendibles, e que para Ribadeo son moi importantes. Son unhas liñas que, sobre todo nas fins de semana, utilízanas unha chea rapaces e rapazas, de xente moza, que ven desfrutar da hostalería e dos servizos que ten Ribadeo e que evitan ter que coller o coche, ter que ir pola estrada arriscándose aos controis de alcoholemia ou a perder a vida nun accidente de tráfico. E agora estes servizos que son rendibles estanos atacando e pretenden cortar de raíz servizos que son moi demandados e moi usados. Eu convido a calquera sábado sobre as dez a noite se acheguen á estación de Ribadeo e que vexan canta xente se apea nela”.
Fernando Suárez Barcia engadiu que “hai un ano fixemos unha proposta no pleno neste sentido e agora, a parte de denuncialo publicamente, de compartir cos representantes dos servizos de Feve que están a alertar desta situación, queremos dese o goberno municipal de Ribadeo amosar a nosa repulsa a un paso máis en conseguir que vaiamos desvertebrándonos como territorio, como país, etc. E no vindeiro pleno do Concello trataremos de acadar un acordo neste sentido para ser enviado á Xunta de Galicia, ao goberno do Estado e á dirección de Feve”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



