Lourenzá, 6 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá fixo público un bando sobre as fogueiras de San Xoán e San Pedro para que se celebren nunhas condicións de seguridade axeitadas, segundo informou hoxe o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Antonio Reigosa, quen anunciou que o prazo para solicitar o permiso remata o día 20 deste mes.
No bando especifícanse varias precaucións de obrigado cumprimento, que son: “prohíbese a queima de cubertas de goma, plásticos, aceites e calquera outro material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos (ou que na súa combustión poidan xerar toxicidade). Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a vivendas, tendidos eléctricos, bosques ou calquera outro sitio no que poidan crearse situacións de perigo e incumprir as medidas de seguridade contidas na Lei de Montes de Galicia”.
Ademais “cada fogueira deberá ter un ou varios responsables, que deberán solicitar nas oficinas municipais o permiso para a mesma”. O prazo remata o día 20 deste mes.
Tamén se indica no bando que “os responsables organizadores de cada fogueira, ó remate da mesma, serán os encargados de efectuala retirada da vía pública dos restos da queima. Non se poderán facer sobre pavimento asfáltico, co obxecto de evita-lo seu deterioro”.
Para rematar explícase que “o vehículo de extinción de incendios situarase en posición de saída para evitar calquera contratempo” e ademais advírtese que “o incumprimento das condicións indicadas ou as queixas veciñais poderán implica-la extinción da fogueira polo servizo de incendios”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



