A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” organizou unha viaxe a Cabárceno para os seus usuarios e familiares dentro do programa “Escola de Familias de persoas con enfermidade mental”, un proxecto realizado no marco dun Convenio de Colaboración entre a Asociación “A Mariña” e a Fundación “La Caixa”. O día incluíu saír de Burela ás 8:00 da mañá e chegar ao parque ás 12 do mediodía onde puideron visitar e desfrutar das instalacións. Trátase dunha actividade de convivencia entre os propios usuarios e os seus familiares pero tamén entre as diferentes familias en si mesmas.























Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



